Rainbow Sun Francks
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Rainbow Sun Francks | |
|---|---|
Rainbow Sun Francks en Londres no 2006 |
|
| Nacemento | Rainbow Sun Francks 3 de decembro de 1979 Toronto, Ontario, |
| Profesión | Actor e cantante |
| Ficha na IMDb | |
Rainbow Sun Francks, nado o 3 de decembro de 1979 en Toronto, Ontario, é un actor e cantante canadense.
Índice |
Traxectoria [editar]
É fillo do tamén actor e músico Don Francks e de Lili Francks, unha bailarina descendente dos cree das Primeiras Nacións. Tamén é o irmán de Cree Summer.
Durante un tempo foi unha personalidade en MuchMusic, unha canle de televisión canadense de música e variedades. O pulo como actor chegoulle da man da serie de televisión Stargate Atlantis, onde protagonizou a primeira tempada como o Tenente da Marina dos Estados Unidos Aiden Ford. O seu personaxe foi minguando en aparicións ata ficar como personaxe recorrente a partir da segunda tempada.
No ámbito musical, é produtor do grupo de hip hop coñecido como The Oddities.
Filmografía [editar]
| Actor | |||
|---|---|---|---|
| Ano | Filme | Personaxe | Notas |
| 1995 | Black Fox: The Price of Peace | como Frank Johnson | |
| Black Fox: Good Men and Bad | como Frank Johnson | ||
| 1997 | The Planet of Junior Brown | como Buddy Clark | |
| 1999 | One Heart Broken Into Song | como Hank Johnson | |
| 2000 | Love Come Down | como Julian | |
| Love Song | como Calvin Dumas | ||
| 2001 | Twice in a Lifetime | como Jimmy | |
| 2003 | Electric Circus | Convidado | (2002–2003) |
| 2004 | Preview to Atlantis | como Aiden Ford | |
| From Stargate to Atlantis: Sci Fi Lowdown | como Aiden Ford | ||
| Stargate Atlantis | como Aiden Ford | ||
| 2006 | This Space for Rent | como Barnaby Sharpe | |
| 2007 | Aliens vs. Predator: Requiem | como Earl | |
| 2011 | The Listener | como Dev Clark | |