Raimundo de Poitiers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaimundo de Poitiers

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Raymond de Poitiers Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1115 Editar o valor em Wikidata
Tolosa Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xuño de 1149 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (33/34 anos)
Principado de Antioquía Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDecapitación Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalha de Inab (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrince of Antioch (en) Traducir (1136–1149 (Gregoriano)) Editar o valor em Wikidata
CónxuxeConstança de Antioquia (1136–1149 (Gregoriano))
FillosPhilippa of Antioch (en) Traducir, Baldwin of Antioch (en) Traducir, Maria de Antioquia (pt) Traducir, Bohemundo III el Tartamudo, Raimond of Antioch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGuillerme IX de Aquitania Editar o valor em Wikidata  e Filipa, Condessa de Toulouse (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsInês da Aquitânia, rainha de Aragão (pt) Traducir e Guillerme X, duque de Aquitania Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Poitiers-1

Raimundo de Poitiers, tamén coñecido como Raimundo de Antioquía, nado en Tolosa a finais do século XI ou comezos do XII e finado en Oriente Medio -preto de Inab, Antioquía- o 29 de xuño de 1149, foi un nobre francés. Converteuse en príncipe de Antioquía polo seu casamento con Constanza, a princesa dese Estado Cruzado. Morreu en batalla contra as forzas do atabeg turco de Alepo, Nur-ed-Din.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Raymundo de Poitiers foi o fillo de Guillerme IX, duque de Aquitania, quen tamén ostentara o título de VII conde de Poitou. A identidade da súa nai é polémica: a esposa de Guillerme era Filipa de Tolosa, mais o duque tivo publicamente unha famosa concubina, Amauberge "Dangerose",[1] quen podería ser a verdadeira nai de Raimundo.[2]

Ascenso ao Principado de Antioquía[editar | editar a fonte]

Segundo Guillerme de Tiro, o mozo Raimundo foi a vivir na corte de Henrique I de Inglaterra.[3] En 1135, o rei Fulque de Xerusalén, rexente de Antioquía no nome da princesa herdeira Constanza, filla do falecido príncipe Bohemundo II, enviou legados á corte inglesa para ofrecela en matrimonio ao seu hóspede francés, Raimundo. Raúl, o patriarca de Antioquía acordou que fose a Antioquía a casar coa madre da rapaza, Alicia,[4] e por tanto, cando Raimundo chegou a Antioquía en abril de 1136, a súa futura sogra creu que que viña para propórlle matrimonio a ela, mais Raimundo raptou a súa filla Constanza e finalmente o patriarca de Antoquía casounos.[5] O casamento coa princesa converteuno inmediatamente en príncipe de Antoquía.[6]

Defensa do seu poder[editar | editar a fonte]

Os primeiros cruzados prometeran ao Imperio Bizantino recobrar Antioquía vencendo os turcos e despois devolvela a Bizancio, mais nunca cumpriron esa restitución, por tanto a cidade era reiteradamente reclamada polo imperio. En agosto de 1137 o emperador Xoán II Comneno dirixiuse ata Antioquía e logrou obrigar Raimundo a xurar un acordo e alianza.[7] O príncipe cedería Antioquía ao emperador a cambio de territorio da veciñanza de Alepo, o cal sería ripado aos musulmáns. En abril e maio de 1138 Raimundo e Xoán obtiveron algúns éxitos combatendo os musulmáns, pero o príncipe nunca devolveu o control da cidade ao emperador. En 1142 Xoán II preparou unha nova expedición para invadir Antioquía, mais finalmente morreu en abril de 1143 camiño de Cilicia.[8]

Despois do novo emperador Manuel I refusar a petición do príncipe Raimundo para que Cilicia fose devolta a Antioquia, Raimundo invadiu a provincia.[9] O 19 de marzo de 1148 chegou a Antioquía o rei Lois VII de Francia á cabeza do exército francés para afrontar a Segunda Cruzada. Con el viña a súa muller Leonor de Aquitania, sobriña de Raimundo. Leonor gozaba de permanecer na cidade e o seu tío suplicoulle ficar para ampliar as terras da familia, e que se divorciase de Lois se o rei refusaba axudalo militarmente.[10] Durante este período, houbo rumores dun amorío entre Raimundo e Leonor, o que provocou tensións no matrimonio real francés.[11] Os conflitos co Imperio Bizantino non eran o única fronte de Raimundo, senón que como cabeza dun Estado Cruzado tiña que arrostrar o avance musulmán, por iso esperara Lois, con quen pretendía realizar a defensa contra os turcos e facer unha expedición contra Alepo, punto clave do poder musulmán na rexión, mais Lois finalmente rexeitouno,[12] preferindo marchar cara a Xerusalén, a cidade santa centro de peregrinación cristián, en vez de centrarse no aspecto netamente militar da cruzada,[13] e partiu rapidamente levando Leonor pola forza.

Morte[editar | editar a fonte]

As aspiracións de Raimundo sobre Alepo enfrontábano directamente co seu gobernante turco, o atabeg Nur-ed-Din. En 1149 Nur-ed-Din atacou Antioquía coa axuda dalgúns aliados. Raimundo non obtivo moito auxilio doutros señores cristiáns, mais aliouse cun inimigo musulmán de Nur-ed-Din, Ali ibn-Wafa, xefe dos assassíns, e confiadamente loitou tendo a súa disposición unha forza moito menor.[14][15] O enfrontamento rematou coa destrución do exército de Antioquía e a morte en batalla de Raimundo[16] o 29 de xuño do ano 1149.[17] O príncipe tería a oportunidade de escapar, mais rexeitou abandonar os seus soldados.[18] Nur-ed-Din enviou como regalo a súa cabeza nunha caixa de prata ao califa de Bagdad.[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén coñecida en francés moderno como Dangereuse de l'Isle Bouchard ou Dangereuse de Chatelherault.
  2. Cawley, Charles (29 xaneiro de 2022). "Medieval Lands, A prosopography of medieval European noble and royal families. Capítulo 6. A. DUKES OF AQUITAINE, COMTES de POITOU 902-1137". fmg.ac (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2022. 
  3. Guillerme de Tiro XIV.IX, p. 61
  4. Guillerme de Tiro XIV.XX, p. 636.
  5. Guillerme de Tiro.XX, p. 655.
  6. Runciman 1987, p. 199.
  7. Runciman 1987, pp. 212-213
  8. Runciman 1987, pp. 223-224.
  9. Runciman 1987, p. 234.
  10. Nicolle (2009) p. 54.
  11. Nicolle 2009, pp. 18, 54.
  12. Runciman 1987 p. 278.
  13. Brundage (1962)
  14. Oldenbourg 1966, p 336.
  15. Mallett 2013, p. 55.
  16. Abul-Feda, RHC Historiens orientaux, Tomo I, p. 28
  17. Guillerme de Tiro XVII.IX, pp. 774-5.
  18. Oldenbourg, p 337
  19. Runciman 1987, p. 326.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Principado de Antioquía

Segue a:
Constanza de Antioquía
Raimundo de Poitiers
Precede a:
Constanza de Antioquía
Casa de Poitiers