Radio Juventud (Ribadavia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Radio Juventud de Ribadavia EFJ 8
Pazo de Baamonde, antiga sede de Radio Juventud de Ribadavia.
TipoEmisora de radio
Data de fundación1949
Organización matrizCadena Azul de Radiodifusión
SedeRibadavia
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Radio Juventud, co indicativo EFJ 8, foi unha emisora de Ribadavia fundada en 1949 e que se integrou na Cadena Azul de Radiodifusión.

Historia[editar | editar a fonte]

A emisora foi a primeira estación escola de Frente de Juventudes en Galicia, unha iniciativa mediante a que se pretendía a formar a profesionais no eido da radiodifusión. A radio emitía en onda curta e gañou sona na década de 1950.[1] A maior parte da programación era musical aínda que tamén había espazos formativos sobre temas agrarios ou do bacharelato e de entretemento (radionovelas).[2] Durante a década de 1960, Radio Juventud pechou por interferencias no sinal da televisión.

Radio Juventud tiña os seus estudios no Pazo de Baamonde e tivo como directores a José María Casas Rosendo e a José Antonio Hermida Alonso, e entre os seus locutores destacou José Luis García Casasnovas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lira Pousa, Lolín (2019-05-17). "Radio Juventud de Ribadavia". La Región (en castelán). Consultado o 2023-04-15. 
  2. "Historia en 4 tiempos: Radio Juventud de Ribadavia (Crónica de 1963)". La Región (en castelán). 2013-09-15. Consultado o 2023-04-15. 
  3. Blanco Campaña, Xosé Luis (1999). Historia da radio en Galicia. Edicións Lea. p. 216. ISBN 84-89947-73-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]