Río Tweed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tweed
River Tweed at Coldstream.jpg
Curso do río Tweed ao seu paso por Coldstream.
País Reino Unido Reino Unido
Rexión n/d
Nacemento
Altitude n/d
Lonxitude 156
Caudal medio
Conca
Desembocadura Mar do Norte

O río Tweed (ou Uisge Thuaidh en gaélico) é un río existente na rexión de Escocia, no Reino Unido, que ten unha lonxitude total de 156 km, sendo o undécimo río pola súa lonxitude de todo o Reino Unido e o cuarto de Escocia. O río Tweed atravesa completamente a rexión dos Scottish Borders.

O río ten o seu nacemento no lugar coñecido como Tweed´s well, recollendo e drenando as augas de todo o conxunto da zona dos Borders. A parte máis meridional do seu curso é a que marca a fronteira de Escocia con Inglaterra (concretamente con Northumberland) ao longo dun total de 27 km, nas proximidades da cidade de Berwick-upon-Tweed. O río remata o seu curso no mar do Norte. Por outra banda, o río Tweed é un dos grandes ríos salmoneiros de Escocia.

As principais cidades atravesadas polo Tweed desde o seu nacemento ata a súa desembocadura son Peebles, Galashiels, Melrose, Kelso, Coldstream e Berwick-upon-Tweed, lugar onde finalmente o río desemboca no mar do Norte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Tweed

Outros artigos[editar | editar a fonte]