Río Saskatchewan
| Saskatchewan | |
|
Conca do río Saskatchewan |
|
| País | Canadá |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Montañas Rochosas Canadenses |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 550 km |
| Caudal medio | 280 m³/s |
| Conca | 146.100 km² |
| Desembocadura | Lago Winnipeg |
O río Saskatchewan é un dos principais ríos do Canadá, con aproximadamente 550 quilómetros de longo, discorre cara ao leste a través das provincias de Saskatchewan e Manitoba para desembocar no Lago Winnipeg. Xunto cos seus afluentes Saskatchewan do Norte e Saskatchewan do Sur, a súa conca abarca a maior parte da rexión central das Pradarías canadenses, prolongándose cara ao oeste ata as Montañas Rochosas Canadenses en Alberta e o norte de Montana nos Estados Unidos. Isto supón aproximadamente 1.939 quilómetros ata a súa cabeceira no río Bow, un afluente do Saskatchewan do Sur en Alberta.
Índice |
Descrición [editar]
Fórmase na zona central de Saskatchewan, aproximadamente 40 quilómetros ao leste de Prince Albert, pola confluencia das súas dúas ramas principais, Saskatchewan do Norte e Saskatchewan do Sur, no Saskatchewan River Forks. A fonte de ámbolos dous ríos provén dos glaciares das Montañas Rochosas en Alberta.
A corrente combinada flúe á vez leste-nordés, cara ao Lago Codette formado pola presa de Nipawin e cara ao Lago Tobin, formado pola presa E.B. Campbell. Logo flúe nordés, fóra do bordo das saias das Grandes Chairas sobre o Escudo Canadense, atravesando unha rexión de pantanos, onde se xunta polo noroeste co río Torch e co río Mossy. Pola parte norte dos pantanos flúe cara o leste, enroscándose ao redor dunha serie de pequenos lagos cara o oeste central de Manitoba ata O Pas, onde se lle une polo suroeste o río Carrot. Ao sueste do Pas, forma varios arroios nun delta á beira noroeste do Lago Cedar, deixando o lago polo seu extremo sueste e fluíndo aproximadamente 5 km ata o lago Winnipeg, entrando na beira norte de Long Point.
O nome do río, como a provincia de Saskatchewan, deriva da lingua Cree: kisiskāciwani-sīpiy, que significa "río de curso veloz"[1]. O río e os seus afluentes proporcionaron unha importante ruta de transporte para os nativos americanos e os primeiros trampeiros europeos.
No río hai construídas centrais hidroeléctricas en Nipawin, E.B. Campbell (antes Squaw Rapids) en Saskatchewan e en Grand Rapids en Manitoba.