Lago Winnipeg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°07′00″N 97°15′00″O / 52.116666666667, -97.25

Lago Winnipeg
Praia de Winnipeg, Manitoba, á beira do lago Winnipeg

O lago Winnipeg é un gran lago de 24 400 km² na Norteamérica central, situado na provincia de Manitoba, Canadá, a uns 55 km ao norte da cidade de Winnipeg. É o maior lago do sur do Canadá, e a conca fluvial pertence á zona menos desenvolvida humanamente, mantendo gran pureza nas súas augas e un importante valor ecolóxico e turístico.

Características[editar | editar a fonte]

É o quinto maior lago de auga doce do Canadá, superando ata aos lagos Ontario e Erie en tamaño, aínda que non é de gran profundidade (máximo 18,6 m). é o undécimo maior lago de auga doce do mundo. A súa zona leste é unha zona de bosques boreais e ríos e é candidata a ser nun futuro Reserva da Biosfera. É un lago alargado, de 416 km en distancia norte-sur, con praias areosas, grandes cantís, e en numerosas zonas existen covas. Hai varias illas no lago, a maioría sen desenvolver e virxes. O seu potencial ecoturístico é enorme, e é de gran valor ecolóxico.

A súa conca hidrográfica é de 984,200 km², e cobre gran parte de Alberta, Saskatchewan, Manitoba, noroeste de Ontario, Minnesota, e Dacota do Norte.

Ríos[editar | editar a fonte]

Algúns dos seus ríos tributarios son:

  • O río Saskatchewan (a través do lago Cedar)
  • O Río Vermello do Norte (desaugando o Río Assiniboine)
  • O Río Winnipeg (desaugando o Lago dos Bosques, Río Rainy e o Lago Rainy); e
  • Lago Manitoba (desaugando o Lago Winnipegosis),
  • Río Bloodvein (na zona leste, desaugando desde o Escudo Canadense)
  • Río Poplar
  • Río Manigatogan

O Lago Winnipeg desauga cara ao norte no Río Nelson cunha media de 2066 m³/s, e forma parte da conca fluvial da baía de Hudson, unha das maiores do mundo. Esta conca hidrográfica formou parte historicamente da coñecida como "Terra de Rupert" cando a Compañía da Baía de Hudson púxose en marcha a finais do Século XVII.

Os Lagos Winnipeg, Manitoba, e Winnipegosis atópanse na base do que era o prehistórico Lago Glacial Agassiz. A área entre os lagos Winnipeg, Winnipegosis e Manitoba é coñecida como a rexión Interlake, ou Interlagos, e a rexión ao completo é coñecida como as Terras Baixas de Manitoba.

Un posto da Compañía da Baía de Hudson no Lago Winnipeg, arredor de 1884

Crese que o primeiro europeo que viu o lago foi Henry Kelsey in 1690. Adoptou para o lago o seu nome en lingua cree: wīnipēk (ᐐᓂᐯᐠ), que significa "augas embarradas". Máis tarde, a colonia do Río Vermello tomou o nome do lago e pasou a chamarse Winnipeg, a capital de Manitoba.

Por mor da súa forma alagada e estreita, o lago mostra unha variedade de interesantes efectos nos ventos e as ondas, como ondas de ata un metro na beira sur, proceso chamado marea de ventos. Ocorre cando sopran ventos predominantes do norte, que exercen unha "presión" sobre a superficie do lago, e movéndose as augas superficiais cara ao sur. Conxuntamente fórmanse tormentas que causan erosión nas beiras do lago e inundacións.

Crecidas de máis de 1 metro sobre o nivel normal do lago foron rexistradas ao longo de moitas das praias recreativas do Lago Winnipeg, e as correspondentes ondas co seu efecto de elevación causaron danos considerables, inundacións e erosión na costa. As crecidas máis grandes ocorren no outono, cando os ventos do norte son máis fortes. Se o vento párase de súpeto, a auga sae disparada cara ao norte, entón axítase dun lado para outro causando un proceso chamado seiching.

Existen varias comunidades as beiras do Lago, como son Grand Beach ou Riverton. Na punta sur do lago hai boas praias, adaptadas para o turismo.

O Lago Winnipeg abastece a importantes peixerías comerciais de grande peso económico en Manitoba. É unha importante ruta de pesca, e a zona sur é unha popular área turística.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]