Que fermoso é vivir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Que fermoso é vivir
Título orixinal It´s a Wonderful Life!
It's A Wonderful Life.jpg
Fotograma da película con James Stewart e Donna Reed.
Ficha técnica
Director Frank Capra
Produtor Liberty Films (II)
Guión Philip Van Doren Stern
Frances Goodrich
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes James Stewart
Donna Reed
Lionel Barrymore
Thomas Mitchell
Henry Travers
Beulah Bondi
Frank Faylen
Ward Bond
Gloria Grahame
H.B. Warner
Frank Albertson
Todd Karns
Samuel S. Hinds
Mary Treen
Virginia Patton
Charles Williams
Sarah Edwards
William Edmunds
Lillian Randolph
Argentina Brunetti
Robert J. Anderson
Ronnie Ralph
Jean Gale
Jeanine Ann Roose
Danny Mummert
Georgie Nokes
Sheldon Leonard
Frank Hagney
Ray Walker
Charles Lane
Edward Keane
Carol Coombs
Karolyn Grimes
Jimmy Hawkins
Larry Simms
Música Dimitri Tiomkin
Fotografía {{{fotografía}}}
Montaxe {{{montaxe}}}
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor {{{distribuidor}}}
Ano 1946
Duración 130 min.
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Drama, romance, familiar, fantástico
Orzamento 3.180.000,00 $
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

Que fermoso é vivir (It's a Wonderful Life) é un filme de Frank Capra estreado en 1949.

Argumento[editar | editar a fonte]

Ás veces asociamos a figura do banqueiro a feras salvaxes que semellan alimentarse das desgrazas dos máis necesitados. Frank Capra, proxecta no filme dúas caras dunha mesma moeda. Caracteriza así o vilán, a través de Potter, que é o dono do banco principal, da prensa, dos hoteis e demais negocios rentables de Beldford Falls. Pola contra, o heroe, sen querer pretendelo, é George Bayle. Un home íntegro que se ve obrigado tras o pasamento do seu pai a asumir a dirección dunha compañía de empréstitos. O seu soño era moi distinto pois Bayle anhelaba ir a Universidade, construír pontes, edificios, viaxar, coñecer xente...pero antepuxo o deber as súas inquedanzas. Deulle o diñeiro ao seu irmán, Harry, para que fose el quen estudase coa condición de que ao retornar ocuparía o seu cargo de secretario executivo e George podería ir a Universidade.

O único que Potter non controlaba de Beldford Falls era a compañía de Bayle. Xa dende os tempos do seu pai, a cultura da empresa era moi distinta ao que se esperaba dela: non pensaban en si mesmos, consideraban a xente seres humanos mentres que Potter os vía como gando. O señor Bayle era un home de ideais, non de negocios. Por iso deixaba diñeiro a aquelas persoas que non podían permitirse mercar ou construír as súas casas...mentres, só tiñan que abalar co seu soldo, ou seguro de vida e o mesmo George Bayle respondía da súa integridade. Era amigo de todos.

O seu irmán converteuse nunha estrela de fútbol, casou e conseguiu un bo posto na área de investigación. A George non lle pareceu ético pedirlle a Harry que se encargara da cooperativa polo tanto asumiu que tiña que continuar o fronte do pequeno banco local.

George Bayle casou con Mary, unha rapaza que estaba namorada de el dende que eran pequenos. Xusto cando partían cara a súa lúa de mel, viron que o seu negocio tiña as portas pechadas. O Banco Central reclamaba todo o seu préstamo e tiveron que darlle todo o efectivo dispoñible e aínda así non saldaban a débeda. O pánico estendeuse por toda a cidade. A xente reclamaba o seu diñeiro e George Bayle non o podía facilitar.

Potter moveu ficha co obxectivo de acabar co negocio de Bayle. Chamouno para informarlle que garantía os pagos para que o banco puidese abrir as portas de novo a cambio de pasar a ser o dono do local. Se os clientes lle levaban as súas accións, Potter pagaríalles 50 centavos o dólar. A xente, presa do desconcerto inclinábase pola oferta de Potter fronte a posibilidade de quedar sen nada. Pero George Bayle conseguiu convencelos para que non se fiasen de Potter pois el aproveitábase do pánico da xente.

Bayle argumentou que se Potter se fixera co control do banco, non podería outorgar préstamos para casas, nin autobuses, nin almacéns... polo que decide repartir o diñeiro da lúa de mel cos seus clientes para que poidan aguantar ata que se solucione o problema. Noutra ocasión, no afán de Potter de arruinar ou facerse coa compañía, este incitou a Bayle a que traballara con el como administrador da súa fortuna a cambio de 20.000 $ ao ano. Pero George foi fiel aos seus principios.

Tras a Segunda Guerra Mundial, o día da condecoración do seu irmán que coincidía có día anterior a Noiteboa, George Bayle pensa en suicidarse xa que considera que vale máis morto que vivo. O seu tío, Billy, foi facer un ingreso de 8.000$ pero atopouse con Potter. Nun descoido, Billy entregalle o sobre coa devandita cantidade de dólares. Cando ía efectuar o ingreso decátase de que non posúe o diñeiro porque non atopa o sobre. Para máis problemas, a compañía de empréstitos recibe a visita dun Inspector de Facenda, para supervisar as contas. Se o inspector descubría o descuberto na caixa, aínda que fose unha perda por accidente e non houbera erros nos libros, sería acusado de malversación de fondos, estafa e abuso de confianza polo que ninguén o libraría do cárcere.

Desesperado, Bayle pídelle diñeiro a Potter, ao xuro que fose. A quenlla financeira rise de el e avísalle que xa filtrou o escándalo a prensa. O protagonista tiña un seguro de vida, polo que se a súa familia o cobrase solucionaría o problema económico. Cando está a piques de lanzarse o río, aparece un anxo da garda e móstralle como sería o mundo se el nunca existise. Descobre que a cidade non se chamaría Beldford Falls senón Potterland, todo son bares, luces e dispendio e os seus amigos atoparíanse sumidos nunha mala situación económica e na infelicidade.

Vendo a situación, prefire continuar vivindo e afrontar o problema. A súa muller, Mary, encargase de acudir aos seus amigos e entre todos recadan os 8.000 $ que lle fan falla para aboar a débeda.

SENTENZA: “Ninguén é un fracasado se ten amigos.”