Gloria Grahame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gloria Grahame
Gloria Grahame-still 1947.JPG
Grahame en 1947
Nacemento Gloria Hallward
28 de novembro de 1923
Os Ánxeles
Falecemento 5 de outubro de 1981
Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actriz
Cónxuxe(s) Stanley Clements (1945-1948)
Nicholas Ray (1948-1952)
Cy Howard (1954-1957)
Anthony Ray (1960-1974)
Ficha na IMDb

Gloria Hallward, nada nos Ánxeles o 28 de novembro de 1923 e finada en Nova York o 5 de outubro de 1981 foi unha actriz estadounidense, coñecida como Gloria Grahame.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla dun arquitecto e escritor e dunha actriz británica, Jeanne McDougall, que usaba como nome artístico Jean Grahame. A súa irmá Joy Hallward tamén foi actriz.

Foi contratada pola Metro-Goldwyn-Mayer cando Louis B. Mayer a viu nunha obra de Broadway, debutando en 1944. Porén, a MGM non viu o seu potencial e vendeu o contrato á RKO Studios en 1947.

Asociada habitualmente a filmes de cinema negro, gañou o Oscar á mellor actriz de reparto en 1952 por The Bad and the Beautiful. Traballou tamén na televisión, en series como The Outer Limits ou The Fugitive.

Grahame encadeou varias relacións e matrimonios fracasados, entre eles, co director Nicholas Ray. Anos despois do divorcio casou con Anthony, fillo do director, co que tivera un romance cando aínda estaba casado co seu pai.

En 1974 diagnosticáronlle cancro de mama, que remitiu nun ano. En 1980 volveu a enfermidade, pero ela seguiu traballando no teatro en Estados Unidos e o Reino Unido. Durante unha operación en Londres os médicos causáronlle unha ferida que acabou convertida en peritonite. Trasladada polos seus fillos ao seu país, finou unhas semanas despois.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título
1944 Blonde Fever
1945 Without Love
1946 Que fermoso é vivir
1947 It Happened in Brooklyn
1947 Crossfire
1947 Song of the Thin Man
1947 Merton of the Movies
1949 A Woman's Secret
1949 Roughshod
1950 In a Lonely Place
1952 The Greatest Show on Earth
1952 Macao
1952 Sudden Fear
1952 The Bad and the Beautiful
1953 The Glass Wall
1953 Man on a Tightrope
1953 The Big Heat
1953 Prisoners of the Casbah
1954 Human Desire
1954 Naked Alibi
1954 The Good Die Young
1955 The Cobweb
1955 Not as a Stranger
1955 Oklahoma!
1956 The Man Who Never Was
1957 Ride Out for Revenge
1959 Odds Against Tomorrow
1966 Ride Beyond Vengeance
1971 Blood and Lace
1971 The Todd Killings
1971 Chandler
1972 The Loners
1973 Tarot
1974 Mama's Dirty Girls
1976 Mansion of the Doomed
1979 A Nightingale Sang in Berkeley Square
1979 Head Over Heels
1980 Melvin and Howard
1982 The Nesting

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gloria Grahame Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Curcio, Vincent (1989). Suicide Blonde: The Life of Gloria Grahame (1st ed.). William Morrow & Co. ISBN 0-688-06718-2
  • Lentz, Robert J. (2011). Gloria Grahame, Bad Girl of Film Noir: The Complete Career. Mcfarland & Co Inc Pub. ISBN 0-786-43483-X
  • Turner, Peter (1987), Film Stars Don't Die in Liverpool. New York: Grove Press

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]