Puturrú de Fuá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Puturrú de Fuá
OrixeZaragoza, España España
Período1985 – presente
Xénero(s)Satírico
Selo(s) discográfico(s)Fonomusic
MembrosFrancisco Fatás
José Gros
Juan Manuel Labordeta
Na rede
Musicbrainz: ca152533-f0d1-46fe-a1a7-0a263fa6344d Editar o valor em Wikidata

Puturrú de Fuá é un grupo de música español de ton humorístico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ronsel doutras bandas satíricas como La Trinca, o seu precedente inmediato foi Curroplastic, liderado por Francisco Curro Fatás e cunha estética e estilo que se parecía máis a grupos como La Orquesta Mondragón que a outros humorísticos como La Charanga del Tío Honorio ou Desmadre 75.

En 1978, Fatás ponse en contacto con Pepe Gros e Juanma Labordeta (sobriño de José Antonio Labordeta) e crean Puturrú de Fuá, asinando co selo Fonomusic. Durante os seus primeiros anos, a súa carreira desenvólvese por Aragón. Pero en 1985, publicaron o seu primeiro álbum No es una marca de fuagrás, que acada popularidade en toda España. Co seu seguinte LP, Ni fu ni fuá, convertéronse en asiduos en radio e televisión e as súas pegadizas cancións como "No te olvides la toalla cuando vayas a la playa" ou "Los chicos de Plan" chegan a ser canción do verán.

Nos anos seguintes continuaron editando novos proxectos, se ben de menor repercusión até que en 1994 Pepe Gros abandona o grupo. Tras publicar Finas hierbas, volven reunirse en 1998, con Leo Susana no posto de Juanma Labordeta, e, desde aquelas seguiron gravando e actuando se ben cunha popularidade moito menor que a que alcanzaran a mediados da década de 1980.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • No es una nueva marca de fuagrás (1985).
  • Ni fú ni fuá (1986).
  • Menage a truá (1987).
  • Úsame y tírame (1990).
  • Lo mejor de Puturrú de Fuá (1993).
  • Finas hierbas (1996).
  • 20 años tiene mi humor (2000).
  • Peligroso para la salud (2009).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Varios autores (2000). España: Ediciones Orbis, ed. Pop español. El pop español de la «A» a la «Z». p. 175. ISBN 84-402-2509-1. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]