Pura Lorenzana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPura Lorenzana
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Vilasante, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de decembro de 1997 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrática de bacharelato (1941–), arqueóloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 244560 Dialnet: 4946026

María Pura Lorenzana Prado, nada en Vilasante (O Saviñao) o 5 de febreiro de 1911 e finada en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1997, foi unha profesora e arqueóloga galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1925 matriculouse na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, sendo a primeira muller galega en facelo. Licenciouse en 1928 e despois doutorouse en Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid. En 1930 ingresou no Seminario de Estudos Galegos.[1] Participou nas investigacións sobre as medorras do Saviñao en campañas financiadas pola Comisión de Estudos en Galicia. Compartía o nacionalismo católico conservador de Vicente Risco, impartiu unha conferencia na sede da Xuventude Católica Feminina de Compostela que foi publicada en 1931 por Ánxel Casal. Instalada na dereita do galeguismo, a evolución dos acontecementos levouna a amparar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Profesora de Instituto en Tui e Ourense durante a guerra, exerceu diversos cargos políticos ao servizo do Goberno de Burgos: Depuradora das Bibliotecas Públicas, Delegada Provincial de Frontes e Hospitais e Organizadora dos servizos culturais do Fogar e do Ferido. En 1940 o Ministerio de Guerra do Goberno de Franco concedeulle a Medalla de Campaña de Retaguardia por méritos e servizos.[2]

Fundou o Instituto Rosalía de Castro en 1939, do que foi a súa primeira directora, permanecendo no posto quince anos. Finou en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1997.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marco, Aurora. (2020). Irmandiñas. Santiago de Compostela, Galiza, U.E.: Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-466-9. OCLC 1190653388. 
  2. Arqueólogas
  3. La Voz de Galicia, Santiago, 3-12-1997, p. 31

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]