Provincia de Chanthaburi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chanthaburi
Capital Chanthaburi
Rexión Rexión Central
Poboación 480.064 habitantes
Censo abril de 2000
Área 6.338,0 km²
Densidade 75,74 hab/km²
Poboación estimada 506.011 habitantes (xullo de 2002)
Localización da provincia
Thailand Chanthaburi locator map.svg

Chanthaburi (en tai: จันทบุรี) é unha provincia do leste da Tailandia. A súa capital é a cidade de Chanthaburi.

Limita coas provincias tailandesas de Trat, Rayong, Chonburi, Chachoengsao e Sa Kaeo; ao leste ten fronteira con Camboxa coas provincias Battambang e Pailin e ao suroeste ten o golfo de Tailandia. Etimoloxicamente o nome provén do sánscrito chandra (lúa) e puri (cidade), significando a Cidade da lúa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Se ben a zona sur da provincia está situada na costa do Golfo de Tailandia e está constituída por chairas aluviais costeiras, o interior da provincia é bastante montañoso. Nas montañas Cardamom no norte chégase á maior altitude da provincia, 1.556 metros de altura pico Soi Dao Nua. O principal río é o Chantaburi.

Xunto coa veciña provincia Trat, Chanthaburi é un centro tailandés na extracción de pedras preciosas, especialmente rubís e zafiros. As froitas tropicais tamén constitúen un produto importante da provincia.

Historia[editar | editar a fonte]

Tras a crise de Paknam en 1893, tropas coloniais francesas ocuparon Chanthaburi, regresando en 1905, cando Tailandia abandonou a propiedade da parte occidental da Camboxa. Unha minoría significativa dos habitantes son vietnamitas, que chegaron principalmente en tres momentos históricos: o primeiro tivo lugar no século XIX durante a persecución contra os católicos na Cochinchina e a conseguinte intervención franco-española; o segundo produciuse entre os anos 1920 a 1940, cando os vietnamitas fuxían da Indochina Francesa, e o terceiro foi despois da vitoria comunista no Vietnam en 1975. Tanta presenza de fuxidos católicos levou a que en 1944 se estabelecera a Diocese de Chanthaburi na capital.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Selo provincial.

O emblema provincial representa a lúa rodeada dunha aura. No interior do disco da lúa atópase un coello (na tradición tailandesa as áreas escuras da Lúa represéntanse coa forma deste animal). O selo simboliza a paz e a tranquilidade da provincia. A lúa tamén se encontra no nome da provincia: Cidade da Lúa. A bandeira tamén mostra no centro un coello branco sobre a lúa en ton marelo. O fondo da bandeira é de cor vermella, co nome da provincia escrito en amarelo. A árbore provincial é a diospyros decandra, e a flor unha orquídea.

Distritos[editar | editar a fonte]

Distritos da provincia.

A provincia está subdividida en 9 distritos (amphoes) e 1 subdistrito (king amphoe). Os distritos e o subdistrito son á súa vez divididos en 76 comunas (tambons) e estas en 690 poboados (moobans). (muban).

Amphoe King Amphoe
  1. Chanthaburi
  2. Khlung
  3. Tha Mai
  4. Pong Nam Ron
  5. Makham
  1. Laem Sing
  2. Soi Dao
  3. Kaeng Hang Maeo
  4. Na Yai Am
  1. Khao Khitchakut


Provincias de Tailandia Bandeira de Tailandia

Amnat Charoen | Ang Thong | Bueng Kan | Buriram | Chachoengsao | Chainat | Chaiyaphum | Chanthaburi | Chiang Mai | Chiang Rai | Chonburi | Chumphon | Kalasin | Kamphaeng Phet | Kanchanaburi | Khon Kaen | Krabi | Lampang | Lamphun | Loei | Lopburi | Mae Hong Son | Maha Sarakham | Bangkok | Mukdahan | Nakhon Nayok | Nakhon Pathom | Nakhon Phanom | Nakhon Ratchasima | Nakhon Sawan | Nakhon Si Thammarat | Nan | Narathiwat | Nong Bua Lamphu | Nong Khai | Nonthaburi | Pathum Thani | Pattani | Phang Nga | Phatthalung | Phayao | Phetchabun | Phetchaburi | Phichit | Phitsanulok | Phra Nakhon Si Ayutthaya | Phrae | Phuket | Prachinburi | Prachuap Khiri Khan | Ranong | Ratchaburi | Rayong | Roi Et | Sa Kaeo | Sakon Nakhon | Samut Prakan | Samut Sakhon | Samut Songkhram | Saraburi | Satun | Sisaket | Sing Buri | Songkhla | Sukhothai | Suphan Buri | Surat Thani | Surin | Tak | Trang | Trat | Ubon Ratchathani | Udon Thani | Uthai Thani | Uttaradit | Yala | Yasothon |

editar