Principio de indeterminación de Heisenberg
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa física que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
O principio de indeterminación de Heisenberg é un principio da mecánica cuántica que estipula que "non poden determinarse con exactitude e á vez a posición e a velocidade dunha partícula".
Como a constante de Planck ten un valor tan reducido, podemos desprezala e así determinar a posición e a velocidade dacordo coa mecánica clásica, pero non na mecánica cuántica, onde os valores de erros na posición son relativamente moito maiores.
Este principio esténdese a outros pares de magnitudes conxugadas, como a enerxía e o tempo, por exemplo, quedando neste caso dE*dt>=h/2π (onde h = constante de Planck)