Primo López Rivadulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPrimo López Rivadulla
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata
Vila de Cruces, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xaneiro de 1937 Editar o valor em Wikidata (26/27 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Primo López Rivadulla, nado en Vila de Cruces en 1910 e finado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1937, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Secretario xudicial, era funcionario municipal do concello de Carbia. Promotor e director do grupo teatral Liga de Amigos da Vila de Cruces.[1] Foi secretario de Izquierda Republicana e da Fronte Popular de Carbia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en Santiago de Compostela, onde foi localizado e detido pola Garda Civil de Cruces o 15 de agosto. Foi trasladado a illa de San Simón, a espera de xuízo. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra o 9 de xaneiro por rebelión xunto con outros 18 republicanos de Carbia,[2] foi condenado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1937 ás 17:30 con Manuel Sarmiento Debén, Eduardo Brea Cajide e Antonio Gómez López.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Liga de Amigos de Vila de Cruces
  2. El Progreso, 8-1-1937, p. 3.
  3. Diario de Pontevedra, 27-1-1937, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]