Prefectura apostólica católica latina do Sáhara Occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPrefectura apostólica católica latina do Sáhara Occidental

Localización
Poboación
Poboación1.030.700 (2017) Editar o valor em Wikidata (4,12 hab./km²)
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie250.000 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
CatedralCatedral de São Francisco de Assis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

A prefectura apostólica do Sáhara Occidental (en latín: Praefectura Apostolica de Sahara Occidentali) é unha sé da Igrexa Católica Latina inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2010 tiña un total de 120 bautizados, sobre unha poboación total de 800.265 habitantes. O seu prefecto actual é Mario León Dorado.

Territorio[editar | editar a fonte]

A prefectura apostólica ten xurisdición sobre todo o Sáhara Occidental.

O territorio está dividido en 2 parroquias: a igrexa de San Francisco de Asís do Aaiún, que fai de catedral da prefectura apostólica; e unha segunda igrexa en Daxla.

Historia[editar | editar a fonte]

A prefectura apostólica do Sáhara español e do Ifni foi erixida o 5 de xullo de 1954 coa bula Summi Dei voluntate do papa Pío XII, en territorios até entón das vigairías apostólicas de Marrocos e de Rardaya.[1]

O 2 de maio de 1970 tomou o nome de prefectura apostólica do Sáhara español, e o 2 de maio de 1976 tomou o nome actual.

Lista de ordinarios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bula Summi Dei voluntate (PDF). Acta Apostolica Sedis (en latín) 46. 1954. p. 694. 
  2. "Father Félix Erviti Barcelona". catholic-hierarchy.org. Consultado o 06/08/14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]