Praia de Bolonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Bolonia
Vista da praia dende a duna de Bolonia.
Coordenadas: 36°05′15″N 5°46′01″O / 36.08758655, -5.76696396

A praia de Bolonia está situada no termo municipal de Tarifa, na comarca do Campo de Xibraltar, Andalucía, fronte á cidade marroquí de Tánxer. Está limitada ao oeste pola punta Camarinal e ao leste por punta Paloma; no interior está bordeada pola serra de La Plata, a serra da Higuera e a lomba San Bartolomé.

Conta cunha lonxitude de 3800 metros e unha anchura media de 70 metros, e está considerada unha das últimas praias virxes do sur da Península Ibérica.[1] A escasa ocupación humana da área circundante propiciou a súa conservación, a diferenza doutras próximas.

No sector oeste da praia atópase a duna de Bolonia, monumento natural declarado en 2001 e de grande importancia ecolóxica. Xunto á praia atópanse as ruínas da antiga cidade romana de Baelo Claudia, en excelente estado de conservación.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (ed.). "Guía de Praias: Bolonia". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 12 de abril de 2015.