Porto de Somosierra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porto de Somosierra, lado norte. A señal está situada na antiga estrada N-I, paralela á actual A-1.

O porto de Somosierra é un porto de montaña que comunica a Comunidade de Madrid coa provincia de Segovia (Castela e León, España). Está situado no extremo norte da Comunidade de Madrid e na zona este da provincia segoviana. Ten unha altura de 1.444 m e é atravesado pola autovía nacional A-1, aínda que esta evita o tramo máis alto do porto cun túnel. Este paso de montaña fai de límite entre a Serra de Somosierra, que queda ao oeste, e o Macizo de Ayllón, que queda ao leste.

No porto librouse a famosa batalla de Somosierra entre o exército español e o francés en 1808, durante a Guerra da Independencia Española.

Coordenadas: 41°07′46″N 3°35′03″W / 41.12954°N 3.58429°W / 41.12954; -3.58429