Portal:Rusia/Biografía destacada/9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Grigorii Efimovich Rasputin (en ruso: Григорий Ефимович Распутин), nado en Pokrovskoe o 10 de xaneiroxul./ 22 de xaneiro de 1869greg. e finado en San Petersburgo o 17 de decembroxul./ 30 de decembro de 1916greg., foi un campesiño siberiano de grande influencia nos últimos anos da Dinastía Romanov. Tamén foi coñecido coma o monxe tolo.

Pretendía parecerse a Xesucristo e tiña fama de curandeiro mediante o rezo, razón pola que, grazas a unha amiga da tsarina chamada Anna Vyrubova, no ano 1905 foi chamado ante os tsares para que curase o seu fillo, o tsarévich Aleksei, que padecía hemofilia. O tsarévich mellorou (segundo algúns investigadores grazas á hipnose) e a Familia Imperial, especialmente a tsarina Alexandra, caeu baixo a influencia do monxe...