Portal:País Vasco/Biografía destacada/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dolores Ibárruri Gómez, coñecida como A Pasionaria, nada en Gallarta (Biscaia) o 9 de decembro de 1895 e finada en Madrid o 12 de novembro de 1989, foi unha dirixente comunista española.

Durante a guerra civil, que comezou en xullo de 1936, foi unha importante propagandista, chegando a percorrer a fronte divulgando consignas tan celebres como a de "¡No pasarán!" e "antes morir de pie que vivir de rodillas" que a converteron nunha personaxe moi popular entre os defensores do réxime republicano e na principal e carismática portavoz do seu partido.

Coa morte de Francisco Franco regresou a España en maio de 1977 e, un mes máis tarde, foi elixida deputada ao Congreso para formar parte das Cortes Constituíntes, a primeira sesión das cales presidiu.