Portal:Lombardía/Artigo destacado/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O lombardo é un conxunto de variedades faladas principalmente no norte de Italia (a maior parte de Lombardía e algunhas áreas das rexións veciñas) e en Suíza (cantón do Tesino). Os idiomas lombardos son linguas romances occidentais emparentadas co francés e cos outros idiomas galo-itálicos (piemontés, emiliano-romañolo etc.). Aínda que o italiano é normalmente usado como linguaxe escrita e formal nas áreas de fala lombarda, os idiomas lombardos son moi diferentes do italiano xa que pertencen a dúas ramas diferentes da árbore das linguas romances.

As dúas variedades lombardas principais, que presentan tractos de gramática e léxico e fonética bastante diferentes, son o Lombardo Occidental (que comprende o dialecto milanés) e o Lombardo Oriental (que comprende os dialectos bergamasco e bresciano). O uso dos idiomas lombardos está estigmatizado nas áreas politicamente pertencentes a Italia, mentres que non o é nas áreas suízas. Algúns programas de radio e televisión en idiomas lombardos emítense ocasionalmente pola cadea suíza de fala italiana. A maior institución de investigación de dialectos lombardos atópase en Bellinzona, Suíza (CDE - Centro dei dialettologia e dei etnografía).

Malia non estar regulada oficialmente nin ter status de oficialidade, calcúlase que 3.500.000 persoas falan a lingua lombarda.