Portal:Islandia/Artigo destacado/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todos os artigos destacados no portal Islandia:

1[editar a fonte]

O Landnámabók, en ocasións abreviado Landnáma, (en islandés, Libro dos Asentamentos ou do Establecemento), é o traballo máis famoso do historiador Ari Thorgilson. Escrito no século XII, está dividida en cinco partes. A primeira contén relatos sobre o descubrimento de Islandia, xunto cos seus primeiros asentamentos (landnám).

É un manuscrito medieval islandés que describe con moito detalle o asentamento dos noruegueses en Islandia durante os séculos IX e X d.C. Comeza co asentamento orixinal de Ingólfur Arnarson en Reiquiavik e a súa reclamación das terras do norte, oeste, leste e sul. De aí pasa a describir os descendentes dos primeiros poboadores e describe fitos importantes e a súa historia familiar ata o século XII. Describe máis de 3.000 persoas e 1.400 colonizadores. O Libro dos Asentamentos ou Landnámabók nomea a 435 homes como os colonizadores iniciais. A maioría asentáronse na parte norte e suroeste da illa.


2[editar a fonte]

O Reino de Islandia (en islandés: Konungsríkið Ísland) foi unha monarquía constitucional establecida o 1 de decembro de 1918 e finalizada en o 17 de xuño de 1944, cando se proclamou a república en Islandia. O reino de Islandia foi sucesor do Estado autónomo islandés e representou a fin da loita pola independencia de Islandia, que fora controlada pola coroa dinamarquesa desde 1380, aínda que formalmente fora unha posesión norueguesa ata 1814.

O Acta de Unión de 1918 estableceu unha unión persoal de Islandia co rei de Dinamarca, quen pasou a ser tamén rei de Islandia. Islandia pasou a ser un Estado soberano, que dispoñía da súa propia bandeira e competencia exclusiva en materia de asuntos lexislativos interiores, exercida a través do parlamento Alþing. Porén, a soberanía islandesa non era total, posto que a xestión das augas territoriais e as relacións internacionais eran dependentes do goberno de Dinamarca.

Durante a súa existencia, o novo reino tivo que facer fronte a varios retos, como a reconstrución da economía trala Primeira Guerra Mundial. A Segunda Guerra Mundial supuxo unha etapa decisiva na historia do país, coa invasión polas forzas británicas. En 1944 nun referendo, os islandeses decidiron poñer fin á unión con Dinamarca, proclamando a república o 17 de xuño dese ano.


3[editar a fonte]

Portal:Islandia/Artigo destacado/3

4[editar a fonte]

Portal:Islandia/Artigo destacado/4

5[editar a fonte]

Portal:Islandia/Artigo destacado/5

6[editar a fonte]

Portal:Islandia/Artigo destacado/6

7[editar a fonte]

Portal:Islandia/Artigo destacado/7

8[editar a fonte]

Portal:Noruega/Artigo destacado/8

9[editar a fonte]

Portal:Islandia/Artigo destacado/9

10[editar a fonte]

Portal:Islandia/Artigo destacado/10