Portal:India/Cidade destacada/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Delhi (hindi: दिल्ली, urdú: دہلی ou دلّی) é unha cidade de India, dentro do National Capital Territory, que de feito constitúe parte da súa área metropolitana e onde se atopa Nova Deli, capital do país, como un barrio da vella e gran metrópole. Con 11.007.835 habitantes (2011), Delhi é a segunda cidade máis poboada da India por detrás de Bombai. Con todo, a súa área metropolitana conta con 21.753.486 de habitantes en 2011, o que convirte á área metropolitana de Delhi na maior do país e na terceira maior do mundo.

A área de Delhi provablemente estivo habitada antes do segundo milenio antes da Era Contemporánea e hai evidencias de que foi habitada de xeito continuo dende canto menos o século VI a.C. No lugar teñen existido cidades dende tempos míticos, pero a súa relevancia histórica comeza cando os musulmáns invasores da India a elixen como capital. Despois, nun ritmo sen pausa de destrución e reconstrución alcada o seu esplendor como capital da dinastía Mogol no século XVII cando se constrúe o Forte Roxo. En 1857 a cidade caeu no poder dos británicos, que pouco despois trasladaron a capital da India a Calcuta. Mais no 1911, a posición estratéxica de Delhi no medio do subcontinennte favoreceu a recuperación da capitalidade. Porén, fíxose necesario un espazo urbano máis axeitado para a esa función. Por iso, seguindo ademais unha tradición milenaria, decidiuse a planificación dunha nova cidade, nacendo así entre 1929 e 1931 New Delhi (Nova Delhi) ao sur da capital mogola. Trala independencia do país en 1947, Nova Delhi pasou a ser a súa capital oficial.

Delhi sitúase no norte do subcontinente indio, á beira do río Yamuna, un dos grandes afluentes do Ganxes.