Portal:Bulgaria/Biografía destacada/3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boris III de Bulgaria (en búlgaro: Борис III), nado en Sofía o 30 de xaneiro de 1894 e finado na mesma cidade o 28 de agosto de 1943, foi o penúltimo tsar de Bulgaria. Foi un monarca moi popular entre os seus súbditos, ademais dunha das figuras clave nos Balcáns durante o período de entreguerras e a segunda guerra mundial.

Era o fillo máis vello do tsar Fernando I e accedeu ao trono tras a abdicación do seu pai, acusado de levar a Bulgaria á derrota na primeira guerra mundial. Asumiu, con só 24 anos, o goberno dun estado arruinado, ao bordo do caos e dividido entre os extremistas de esquerda e dereita. A pesar dos seus esforzos por estabilizar a vida política do seu país, Boris non puido contra o autoritarismo dos seus primeiros ministros Aleksandr Stamboliskii e Aleksandr Tsankov....