Porsche 918

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porsche 918
Porsche 918 Spyder IAA 2013.jpg
Fabricante Alemaña Porsche
Produción 2013-?
Predecesor Porsche Carrera GT
Motor 4'593 cc Ford Modular 4V híbrido V8
Potencia 886 CV
Lonxitude 4'497 m
Anchura 1'928 m
Altura 1'091 m

O Porsche 918 Spyder é un modelo de automóbil superdeportivo producido polo fabricante alemán Porsche dende o ano 2013. Posúe un motor híbrido central, composto por un motor V8 de 4'6 litros que achega 608 CV, e dous motores eléctricos conectados ós eixos dianteiro e traseiro, achegando 280 CV mais para un total de 886 CV. Trátase dun deportivo de dúas prazas con chasis de fibra de carbono e tracción ás catro rodas que rende unha aceleración de 0 a 100 km/h en 2'8 segundos.

O modelo foi presentado como proxecto no Salón do Automóbil de Xenebra en 2010, mentres que a versión de produción foi presentada no Salón do Automóbil de Frankfurt en 2013. A marca fabricará 918 unidades. Unha variante denominada "RSR" será fabricada para a competición.

En 2013 anunciouse que un Porsche 918 fixera un tempo de 6'57" nunha volta ó Circuíto de Nürburgring clásico, de 20'6 kms, converténdose no primeiro coche do mercado en baixar dos sete minutos, e mellorando o mellor tempo en 14 segundos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porsche 918 Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]