Politburo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Politbüro")

Politburo é un acrónimo que designa Political Bureau. O termo deriva do ruso Politicheskoe Byuro, contraído para Politbyuro, ou do alemán Politbüro. Trátase do máximo órgano executivo de numerosos partidos comunistas.

Nos estados stalinistas, o Politburo era o máximo órgano de poder, e era elixido polo Comité Central, que á súa vez era elixido polo supremo órgano de decisión, o Congreso.