Pobo eyak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo eyak
Territorio eyak antes do contacto.
Poboación
Poboación total:
428[1]
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados UnidosAlasca
Aspectos culturais
LinguaLingua eyak (até 2008) e inglés
RelixiónCristianismo
Grupos
relacionados
Tlingit, ahnat e chugach

O pobo eyak é un pobo indíxena do grupo na-dené, que se chamaba a si mesmo Unalakmiut. O seu nome provén do inuktitut chugach iiyiaraq pescozo, pola forma do lago que ten a parte do río onde viven. Vivían na costa do Pacífico sur de Alasca, entre a desembocadura do río Cooper e as montañas Saint Elies. Os superviventes actuais viven en Prince William Sound (Alasca).

Demografía e costumes[editar | editar a fonte]

Estímase que no 1954 eran uns 200 individuos. En 1980 había uns 300. Na cidade nativa Eyak só o 8,3% da poboación eran nativos de Alasca. Segundo datos do censo dos Estados Unidos do 2000, había 379 eyaks enxebres, mais en total, contando os que se mesturaron con outros pobos, eran 522 individuos.

A súa lingua considérase do grupo na-dené, mais non son atapascos. Vivían da pesca do salmón e recoller mexillóns. Culturamente teñen moitas influencias dos inuit, dos tlingit, e dos ahtna e dena'ina. Atópanse dentro da área cultural do Noroeste con influencia esquimó.

Historia[editar | editar a fonte]

Alasca

En 1741 foron visitados en nome de Rusia polo danés Vitus Bering. No 1791, estabeleceron un posto comercial en Nuchik, mais negáronse a pescar para os rusos. O primeiro informe sobre eles dato de 1869. Entre eles vivían algúns aleuts e tlingits.

En 1889 os EUA construíron unha conserveira de pescado no seu territorio, e en 1906 chegou o ferrocarril. Foron esquecidos e redescubertos en 1930 por Federica de Laguna e investigados por ela e polo danés Kaj Birket-Smith, autor do libro The Eyak Indians of the Cooper River Delta, Alaska (1938). Foron vítimas do xenocidio e da aculturación, e atoparon só 38 persoas que deran falado a lingua eyak.

En 1961, Robert Austerlitz contactou cos tres últimos falantes da lingua: Anna Nelson Harry de Yakutat, Lena Nakctan de Cordova e Mari Smith (1918-2008), filla de Scar, último xefe eyak, e Minnie Stevens, que foron os informante de Laguna. En 1965, tamén foron visitados por Krauss, que publicaría en 1970 Eyak Dictionnary de 4.000 páxinas e 10.000 termos traducidos ao inglés, así como Eyak Texts de folclore e lendas. Algúns deles, David Lynn Grimmes/Yaxadiliayaxinh, pescador, músico e contador de contos, e Dune Landark/Jamachakih recollen tradicións do seu pobo.

O 21 de xaneiro do 2008 falecía Marie Smith, a última nativa da lingua eyak que quedaba aínda con vida, á idade de 89 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • SEBEOK, Thomas A (1977) Native languages of the Americas (2 toms) Plenum Press, Nova York.
  • New Yorker, 6 de xuño de 2005: "Last Words, A Language Dies", Elizabeth Kolbert

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]