Lingua eyak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eyak (I.ya.q)
Falada en: Alaska
Total de falantes:

0

  • Nativos: 0
  • Outros: 0
Familia lingüística: Linguas na-dené
Status oficial
Extinta cando morreu a súa última falante en 2008
Regulada por: Non regulada
Codificacións
ISO 639-1 eya

O eyak foi unha lingua na-dené falada na rexión da desembocadura do río Copper, en Alaska.

Historia[editar | editar a fonte]

O eyak foi unha lingua na-dené emparentada de forma moi lixeira coas linguas atabascanas. Os lingüistas supón que se conformou como unha lingua distinta das do grupo atabascano hai uns 3.000 anos[1].

O contacto entre o eyak e a lingua maioritaria da súa rexión, o tinglit, que tamén forma parte do grupo das linguas na-dené, remonta a moitos séculos atrás. De feito, algúns dos topónimos da zona tinglitfalante que resultan complexos de explicar, poden proceder de antigos poboamentos eyak, xa desprazados da zona hai moito tempo. Destas migracións e dunha maior extensión do territorio eyak gárdase lembranza en tradicións orais.

Esa redución da extensión do eyak en favor do tinglit intensificouse nos últimos séculos, fundamentalmente pola importante migración de tinglits procedentes da zona de Yakutat, que desequilibraron pobocionalmente a zona. Ademais, o eyak tamén sufriu a presión doutras poboacións que falaban outras linguas, coma o alutiiq, e sobre todo o inglés, impulsado pola administración estadounidense no tempo en que Alaska estaba baixo a dependencia de Washington. Pouco e pouco os poboamentos fóronse mesturando e a lingua eyak diluíndo entre os falantes de tinglit, máis numerosos e cohesionados.

A finais do século XX identificouse a última falante nativa, con competencias activa e pasiva, da lingua eyak: O seu nome era Marie Smith Jones, nada o 14 de maio de 1918 e falecida o 21 de xaneiro de 2008[2][3]) e vivía na cidade de Cordova. O seu falecemento sinalou o punto de extinción para a lingua, se ben está bastante ben documentada e aínda viven falantes pasivos do idioma (enténdeno, pero non o producen).

Descrición[editar | editar a fonte]

A lingua está bastante ben documentada para o estándar das linguas mortas. O lingüista Michael Krauss traballou durante máis dunha trintena de anos na súa recollida, e existe unha gramática, un dicionario dunhas 3.000 páxinas, e material sonoro e visual dos monólogos de Marie Smith Jones.

Consoantes[editar | editar a fonte]

  Bilabiais Alveolares Postalveolares Palatais Velares Uvulares Glotais
centrais laterais chas labiais
Pausa non aspiradas   d [t]       g [k] gw [kʷ] [q]  
aspiradas   t [tʰ]       k [kʰ]   q [qʰ]  
implosivas   t' [t’]       k' [k’]   q' [q’] ' [ʔ]
Africadas non aspiradas   dz [ts] dl [tɬ] j [tʃ]          
aspiradas   ts [tsʰ] tl [tɬʰ] ch [tʃʰ]          
implosivas   ts' [ts’] tl' [tɬ’] ch' [tʃ’]          
Fricativas   s [s] ł [ɬ] sh [ʃ]   x [x] xw [xʷ] [χ] h [h]
Nasais m [m] n [n]            
Aproximantes w [w]   l [l]   y [j]      

Vogais[editar | editar a fonte]

  Tensas/Longas Relaxadas/Breves
frontais centrais anteriores posteriores centrais anteriores
pechadas i. [i:]   u. [u:] i [ɪ]   u [ʊ]
medias e. [e:]     e [ɛ]/æ [ɛ] a [ə]  
abertas a. [a:]     a [a]    

As vogais seguidas dun "n" están nasalizadas.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Krauss, Michael E., ed. 1982. In Honor of Eyak: The Art of Anna Nelson Harry. Fairbanks: Alaska Native Language Center.
  • Krauss, Michael E., e Jeff Leer. Athabaskan, Eyak, and Tlingit Sonorants. Alaska Native Language Center Research Papers No. 5. Alaska Native Language Center, Universidade de Alaska
  • New Yorker, 6 de xuño de 2005: "Last Words, A Language Dies", de Elizabeth Kolbert