Pneumoultramicroscopicossilicovulcanoconiose
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Pneumoultramicroscopicossilicovulcanoconiose é unha rara doenza causada pola aspiración de cinzas volcánicas. A palabra resumida é Pneumoconiose.
O afectado por esta doenza chámase pneumoultramicroscopicossilicovulcanoconiótico, que é a palabra máis longa de varios idiomas, entre eles o portugués.
Etimoloxía [editar]
| Palabra | Significado da palabra | Idioma de orixe | Palabra de orixe e o seu significado |
|---|---|---|---|
| pneumo | pulmón | grego | pneumon = pulmón |
| ultra | alén | latín | ultra = alén |
| microscópico | moi pequeno | grego | microscopio: mikros = pequeno, skopein = examinar |
| sílico | de silicio, elemento químico presente no magma | latín | silicio: silicium/silex = pedra dura |
| vulcano | de volcán | latín | volcán: Vulcano = deus do fogo e da metalurxia |
| coniose | doenza causada por aspiración de pos en suspensión no ar | grego | kónis = poeira |