Plantago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plantago
Chantaxe lanceolada Plantago lanceolata
Chantaxe lanceolada Plantago lanceolata
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Plantaginaceae
Xénero: ''Plantago''
L.
Subxéneros

Hai 5 subxéneros en Plantago.
Plantago (especies: véxase no texto)
Coronopus
Bougeria
Littorella
Psyllium

As chantaxes son plantas do xénero Plantago, un xénero de plantas con flores pertencente á familia Plantaginaceae e composto de arredor de 200 especies. A maioría son plantas herbáceas, aínda que hai arbustos que acadan os 60 cm de altura. As follas son sésiles (sentadas), e polo tanto o seu pecíolo é un pseudopecíolo. Teñen 3 ou 5 veas paralelas. As follas son largas ou estreitas, segundo a especie. A inflorescencia son os talos típicos con 5-40 cm de altura, coas flores miudiñas e moi numerosas que son polinizadas polo vento.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome xenérico Plantago vén do latín plantāgo, -ĭnis, que evolucionou ao galego en chantaxe. Existen as seguintes variantes dialectais: chanta, chantasia, chantán, chante, chantaxa[1]. As diferentes especies reciben ademais numerosos nomes vulgares. Outros nomes comúns son: tentén, lantaxe[2]

Especies[editar | editar a fonte]

Comúns en Galiza[editar | editar a fonte]

A planta chamada chantaxe de auga, non pertence a este xénero, senón que o seu nome científico é: Alisma plantago-aquatica, alisma, chantaxe acuática[13].

Listaxe xeral[editar | editar a fonte]

Hai arredor de 200 especies de Plantago, incluídas:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  2. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega (aquí) e no Portal das Palabras (aquí) para correola.
  4. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Diccionario Cumio da lingua galega. Vigo, Ed. do Cumio, 1999
  5. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004. "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
  6. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  7. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega (aquí) e no Portal das Palabras (aquí) para estrelamar.
  9. Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
  10. Aníbal Otero Álvarez (1961): Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés, CEG IL, pp. 160-175
  11. Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar
  12. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  13. Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
  • Albach, D. C., Meudt, H. M. & Oxelman, B. 2005. Piecing together the "new" Plantaginaceae. American Journal of Botany 92: 297-315.
  • Olmstead, R. G., dePamphilis, C. W., Wolfe, A. D., Young, N. D., Elisons, W. J. & Reeves P. A. 2001. Disintegration of the Scrophulariaceae. American Journal of Botany 88: 348-361 - on line here.
  • Olmstead, R. G. 2003. Whatever happened to the Scrophulariaceae? Fremontia 30: 13-22 (available online here).
  • Oxelman, B.; Kornhall, P.; Olmstead, R.G.; Bremer, B. 2005. Further disintegration of the Scrophulariaceae. Taxon 54(2): 411-425.
  • Rahmanzadeh, R., K. Müller, E. Fischer, D. Bartels & T. Borsch. 2005. The Linderniaceae and Gratiolaceae are further lineages distinct from the Scrophulariaceae (Lamiales). Pl. Biol. ( Stuttgart) 7: 67-78.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Plantago
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Plantago