Pilsener

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vasos da orixinal Pilsner Urquell.

A pilsener (tamén pilsner ou simplemente pils) é un tipo de cervexa lager pálida. Debe o seu nome a que foi elaborada no século 19 na cidade de Plzeň, hoxendía na República Checa.

Orixe[editar | editar a fonte]

Até a mediados da década de 1840, a maioría das cervexas de Bohemia eran de alta fermentación, escuras e turbias. O gusto e os estándares de calidade a miúdo variaban amplamente, e en 1838, incluso os consumidores baleiraron barrís enteiros para manifestar a súa insatisfacción. Os cidadáns de Pilsen decididron en 1839 fundar e construír unha cervexaría de seu, chamada Bürger Brauerei (Cervexaría dos Cidadáns)[1][2] (hoxe Plzeňský Prazdroj), que elaboraría cervexa dacordo co estilo de Baviera. Os cervexeiros de Baviera comezaran a facer experimentos co almacenamento (Lager) de cervexa en covas frías empregando lévedos de baixa fermentación, o que melloraba a claridade da cervexa, o seu aroma e a súa duración. A maioría destas investigacións beneficiáronse dos coñecementos xa expostos nun libro en lingua alemá (publicado dende 1794, en lingua checa dende 1801), escrito por František Ondřej Poupě (1753–1805), de Brno[3].

A Bürger Brauerei contratou ao cervexeiro bávaro Josef Groll (1813 – 1887) quen, usando novas técnicas e as novas maltas pálidas dispoñíbeis, presentou a súa pilsener o 5 de outubro de 1842. A combinación da cor pálida das novas maltas, o auga particularmente brando de Pilsen, o lúpulo de Saaz (dende 1918 Žatec) e a elaboración ao estilo bávaro produciron unha cervexa clara e dourada que foi unha sensación.

A mellora dos transportes e das comunicación implicou que en pouco tempo esta nova cervexa se espallara por toda Europa Central, e o estilo de elaboración Pilsner Brauart foi moi cedo imitado. En 1859, “Pilsner Bier” foi rexistrado como nome na Cámara do Comercio de Pilsen. En 1898, creouse a marca Pilsner Urquell para facer énfase en que esa era a cervexaría orixinal.

Pilseners modernas[editar | editar a fonte]

A invención da moderna refrixeración por Carl von Linde fixo que desaparecese da elaboración da cervexa a necesidade de empregar covas para almacenar (lager) a cervexa. Porén, até pouco máis de mediados do século XX a cervexaría Pilsner Urquell aínda fermentaba a súa cervexa en bocois abertos que se almacenaban en sotos preto das instalacións. A tecnoloxía cambiou no ano 1993, xusto no instante no que se introduciron os tanques-contedor cilíndricos, nacendo deste xeito o concepto do que se pode denominar a «moderna pilsener».

As modernas pilseners son cervexas lixeiras, claras de cor que adoitan ir dende o pale (‘pálido’) até o marelo dourado, e posúen un refinado aroma e sabor a lúpulo. As pilseners checas adoitan tender a ter un sabor máis suave, sendo bos exemplos disto Pilsner Urquell, Gambrinus e Staropramen, namentres que as cervexas alemás presentan un sabor máis amargo. Exemplos distintivos das cervexas pilseners alemás son: Flensburger, Beck's, Bitburger, Fürstenberg, Herrenhäuser, König, Krombacher, Radeberger, St Pauli Girl, Veltins, Jever e Wernesgrüner. Unha versión canadense destas cervexas é o Labatt Blue.

Marcas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.traveliana.com/de/about-czech/pilsen.html
  2. http://www.prazdroj.cz/en/about-the-company/history
  3. Basařová G.: Der legendäre böhmische Brauer František Ondřej Poupě (Franz Andreas Paupie) 1753-1805. Jahrbuch 2003 Gesellschaft für die Geschichte und Bibliographie des Brauwesens E.V. (GGB), (2003) 1, 128-146.