Philip Howard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PhilipHowardEarlOfArundel.jpg

Philip Howard, vixésimo conde de Arundel, nado o 28 de xuño de 1557 e finado o 19 de outubro de 1595, foi un nobre inglés e un santo da Igrexa Católica. Foi canonizado polo papa Paulo VI en 1970, como un dos corenta Mártires de Inglaterra e Gales. Dependendo da fonte, cítaselle como XX ou XIII Conde de Arundel.