Peter Boyle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boyle en 1978.

Peter Lawrence Boyle, nado o 18 de outubro de 1935 e finado o 12 de decembro de 2006, foi un actor estadounidense gañador dun Premio Emmy en 1996 polo seu papel de actor convidado na serie X Files. Aínda que nos últimos anos Peter Boyle era coñecido pola súa participación na serie Everybody Loves Raymond como Frank Barone, na súa filmografía atópanse películas como Taxi Driver (1976) ou Monster's Ball (2001).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Peter Boyle

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]