Peter Benchley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Peter Bradford Benchley, nado en Nova York o 8 de maio de 1940 e finado en Princeton, Nova Jersey o 12 de febreiro de 2006, foi un escritor norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedía dunha familia de escritores, fillo de Nathaniel Benchley e neto de Robert Benchley. Estudou na Phillips Exeter Academy e en Harvard. Traballou en The Washington Post e foi editor de Newsweek e escritor de discursos da Casa Branca. En 1974 publicou a novela Jaws e foi o coautor do guión do filme que realizou Steven Spielberg baseado na súa novela.

Obra[editar | editar a fonte]

Ficción

1974 Jaws
1976 he Deep
1979 The Island
1982 The Girl of the Sea of Cortez
1986 Q Clearance
1989 Rummies
1991 Beast
1994 White Shark
1997 Peter Benchley's Creature

Non ficción

1994 Ocean Planet: Writings and Images of the Sea
2001 Shark Trouble: True Stories About Sharks and the Sea
2002 Shark!: True Stories and Lessons from the Deep
2005 Shark Life: True Stories About Sharks and the Sea (con Karen Wojtyla)