Penicilina amidase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
penicilina amidase
Identificadores
Número EC 3.5.1.11
Número CAS 9014-06-6
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum
Gene Ontology AmiGO / EGO

En encimoloxía, unha penicilina amidase (EC 3.5.1.11) é un encima que cataliza a seguinte reacción química:

penicilina + H2O carboxilato + 6-aminopenicilanato

Así, os dous substratos deste encima son a penicilina e a H2O, mentres que os seus dous produtos son un carboxilato e o 6-aminopenicilanato.

Este encima pertence á familia das hidrolases que actúan sobre enlaces e carbono-nitróxeno que non son enlaces peptídicos, especificamente en amidas lineares. O nome sistemático desta clase de encimas é penicilina amidohidrolase. Outros nomes que tamén se usan son penicilina acilase, bencilpenicilina acilase, novozym 217, semacilase, alfa-acilamino-beta-lactam acilhidrolase, e ampicilina acilase. Este encima participa na biosíntese de penicilina e cefalosporina.

As penicilina amidases empréganse durante a xeración de penicilinas semisintéticas, xa que permiten xerar o núcleo das penicilinas mediante a eliminación da cadea lateral da penicilina G producida en cultivos de cepas do fungo Penicillium. Esta reacción orixina a formación do ácido 6-aminopenicilánico, compoñente que, por medio de posteriores modificacións catalizadas por outros encimas, pode dar lugar a numerosos antibióticos.[1]

Estudos estruturais[editar | editar a fonte]

A fiinais de 2007, resolvéranse 34 estruturas para esta clse de encimas, cos seguintes códigos de acceso en PDB: PDB 1AI4, PDB 1AI5, PDB 1AI6, PDB 1AI7, PDB 1AJN, PDB 1AJP, PDB 1AJQ, PDB 1CP9, PDB 1E3A, PDB 1FXH, PDB 1FXV, PDB 1GK0, PDB 1GK1, PDB 1GK9, PDB 1GKF, PDB 1GM7, PDB 1GM8, PDB 1GM9, PDB 1H2G, PDB 1JX9, PDB 1K5Q, PDB 1K5S, PDB 1K7D, PDB 1KEC, PDB 1PNK, PDB 1PNL, PDB 1PNM, PDB 2ADV, PDB 2AE3, PDB 2AE4, PDB 2AE5, PDB 2IWM, PDB 2PVA, e PDB 3PVA.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Crueger, Wulf; Crueger, Anneliese (1989). A texbook of industrial microbiology (2 ed.). Sunderland: Sinauer Associates. ISBN 0878931317. 
  • Sakaguchi K and Murao S (1950). "A preliminary report on a new enzyme, "penicillin-amidase"". J. Agric. Chem. Soc. Jpn. 23: 411. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]