Pedro Núñez Vela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Núñez Vela
Biografía
Nacementoséculo XVI Editar o valor em Wikidata
Ávila Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XVI Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Pedro Núñez Vela, nado en Ávila no século XVI, foi un escritor humanista e filósofo luterano do Século de Ouro, que tivo que expatriarse en Suíza.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gran coñecedor do grego, do hebreo e do latín, e estudoso da Filosofía de Aristóteles, Cicerón, Epicuro e Lucrecio; seguiu a fondo as ideas do francés Pierre de la Ramée, máis coñecido como Petrus Ramus e foi un furioso antiaristotélico e participante desta opinión xunto con outros ilustres pensadores do seu tempo, como Hernando Alonso de Herrera, Juan Núñez de Valencia ou Francisco Sánchez, o Escéptico. En 1548 xa se trasladou a Suíza, onde ensinou grego na famosa Academia de Lausana; Teodoro de Beza substitúeo ao ano seguinte, pero alí permaneceu ensinando grego polo menos até 1570, cando se ten noticia de que recibiu con alegría a Petrus Ramus e propúxolle con outros profesores que dese clases públicas da súa nova Dialéctica, con aprobación de moitos, e (escribe o biógrafo de Ramus J. Thomas Freigius)ː

Sobre todo Núñez, que foi máis libre no xuízo e antepuxo a odiada Lóxica de Ramus ante todos os preceptos de Aristóteles.

Ramus confirma nunha carta escrita desde Lausana en agosto de 1570 a boa acollida dos profesores de Lausana, aínda que non fala en particular de Núñez.

Obra[editar | editar a fonte]

As súas obras máis importantes foron Poematum latinorum et graecorum (1570) e Disputationum logicarum libri tres (1578).

  • Dialéctica, libro III.
  • De ratione interpretandi aliorum scripta, liber I.
  • Poematum latinorum et graecorum, libri duo (Basileae, 1570, apud Petrum Pernam, dedicado ao Senado de Basilea.
Reimprimiu a Dialéctica máis breve e corrixida en Xenebra (1578).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Botas, Vicente Bécares (2006). "Pedro Núñez Vela, helenista y heterodoxo: documentos nuevos". Silva: Estudios de humanismo y tradición clásica (5): 7–19. ISSN 1579-7392. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]