Patsy Cline

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Virginia Patterson Hensley, coñecida como Patsy Cline, nada en Winchester (Virginia) o 8 de setembro de 1932 e finada en Camden (Tennessee) o 5 de marzo de 1963, foi unha cantante estadounidense de música country. Cline era o apelido do seu primeiro marido, Gerald Cline, un magnate da construción con quen casou en 1953 e do que se divorciou en 1957. Asinou o seu primeiro contrato como cantante en 1953 e, a pesar da súa morte prematura, chegou a converterse nunha das cantantes máis influentes na música popular de Estados Unidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]