Pardela curricacho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pardela curricacho
Sooty Shearwater.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (NT)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Procellariiformes
Familia: Procellariidae
Xénero: Puffinus
Especie: P. griseus
Nome binomial
Puffinus griseus
Gmelin, 1789

A pardela curricacho ou escura, cuxo nome científico é Puffinus griseus, é unha ave da familia Procellariidae. Posúe un amplo rango de distribución sendo unha das aves máis comúns na costa pacífica de Sudamérica. Grandes migradoras, as pardelas curricacho chegan a volar até 910 km/día neste período.[1] Xa que logo, se ben cría na parte sur dos océanos, pode verse en Europa en verán e no outono. Deste xeito, pode atoparse en Irlanda, Gran Bretaña e na costa atlántica ibérica, de setembro a decembro. Posúe unha lonxitude duns 45 cm e unha envergadura de pouco máis dun metro.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Una épica migración - BBC Ciencia
  2. Hume, Rob (2002). Guía de campo de las aves de España y Europa. ISBN 84-282-1317-8.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pardela curricacho Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pardela curricacho