Panxaquent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ruínas preto de Panxaquent.

Panxaquent (en taxico Панҷакент; en persa پنجکنت; en ruso Пенджикент), (pode que apareza escrito Panjakent ou Panjikent, pero estas formas son calcos doutras linguas) é unha cidade na provincia de Sogdiana (Sughd), Taxiquistán sobre o río Zeravxán (Zeravshan), con 33.000 habitantes segundo o censo do ano 2000.

Nome[editar | editar a fonte]

Panxaquent capital do Distrito do mesmo nome na Provincia de Sogdiana (Sughd), do taxico Панҷакент e este do persa پنجکنت (Panjakent). Pode aparecer coma a denominación rusa Panjikent que vén do usbeco.

As ruínas da cidade de Panxaquent atópanse na periferia da cidade que conserva o seu nome actual no Taxiquistán, a uns 10 km ao oeste da actual fronteira entre o Taxiquistán e o Uzbequistán, bastante próxima á célebre cidade hoxe uzbeca de Samarcanda (58,5 km ao leste da mesma), co seu centro na marxe esquerda (sur) do mesmo río que atravesa a Samarcanda: o río Kara, no estreito val do mesmo río ao pé do somonte setentrional dos montes Zeravxán (montes Zeravshan). As coordenadas xeográficas de Panxaquent son: 39°29′00″N 67°36′00″E / 39.48333°N 67.60000°E / 39.48333; 67.60000 e a súa posición respecto á principal cidade do Taxiquistán, Duxambé, é de 144 km en liña recta ao NO, pero as rutas terrestres son moito máis prolongadas debido a que diversas cordilleiras separan a Panxaquent de Duxambé.

Nota Bene: A denominación máis frecuente que aparecen en moitas enciclopedias é Panjikand (en usbeco) aínda que en taxico é máis usual a forma Panjakent, e desta lingua pois por tradición e cultura taxico-persa é de onde se toma a palabra en galego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Panxaquent

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Belenitzky Alejandro. Archeologia Mundi, Asia Central (Barcelona, Ed.Juventud) 1972