Palmeira das Canarias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palmeira das Canarias
Palmeira das Canarias
Palmeira das Canarias
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Arecales
Familia: Arecaceae
Subfamilia: Coryphoideae
Tribo: Phoeniceae
Xénero: 'Phoenix'
Especie: 'P. canariensis'
Nome binomial
''Phoenix canariensis''
hort. ex Chabaud

A palmeira das Canarias (Phoenix canariensis) é unha especie de palmeira endémica das Illas Canarias. Grazas á súa beleza, facilidade de adaptación e resistencia ao frío é unha das palmeiras que máis se usa en xardinaría, sendo moi común nos xardíns urbanos de Galicia, especialmente preto da costa. É unha especie protexida nas illas de orixe. A palmeira das Canarias considérase, segundo unha lei do Goberno das Canarias, o símbolo natural do arquipiélago, xunto co canario (Serinus canaria).[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Palmeira de gran tamaño (10-30 metros de altura), co toro (estípite) groso e moi coriáceo, as súas follas (palmas) en mestos penachos palmados, poden medir entre 2 e 3 metros de longo. As flores dispóñense en mestos acios alaranxados. Froitos máis miúdos que os dátiles.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Medra nas zonas baixas das Illas Canarias, tipicamente entre 10 e 500 metros sobre o nivel do mar, sendo parte da formación chamada Bosque Termófilo. Coas raíces aproveita as bolsas de auga subterráneas, sobrevive a curtos períodos de enchentes, fixa tenazmente o substrato e pode se ancorar nos máis inestábeis fondos de cavorcos. É unha especie moi lonxeva, tanto que os exemplares máis altos superan os dous e quizabes tres séculos de idade.

En Galicia utilízase coma árbore ornamental principalmente en prazas e parques costeiros; e se planta en vilas principalmente das Rías Baixas, incluso en zonas de clima temperado do norte do país. Tamén é común en xardíns privados das Rías Baixas.

Usos[editar | editar a fonte]

En Canarias existe unha multitude de aproveitamentos das distintas partes da palmeira, hoxe parcialmente en desuso. Na illa de La Gomera, extráese o zume chamada guarapo para producir o mel de palma.

Produce froitos comestíbeis chamados támaras semellantes aos dátiles da datileira (Phoenix dactylifera), pero máis miúdos e de menor calidade para o padal.. As follas empréganse coma vasoiras, é común ver os varredores das illas utilizalas coma ferramenta de traballo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Palmeira das Canarias

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]