Estípite (botánica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dictyosperma album.

En botánica, o estípite é o nome outorgado ao talo das palmeiras, e por extensión ao dos fentos arbóreos. O estípite, que non é un verdadeiro toro, caracterízase principalmente pola ausencia de crecemento en grosor, contrariamente ao tronco das árbores das dicotiledóneas. O seu diámetro é constante dende o pé da palmeira até o acio de follas terminais. Pódense porén constatar ás veces irregularidades no diámetro, mais se explican por variacións climáticas que puideron afectar ao crecemento da árbore. O estípite non ramifica, agás raras excepcións. Ten tecido meristemático só no extremo superior do talo. A superficie do estípite atópase enfeitada polas impresións con losanxes características deixadas polo baseamento do pecíolo das follas caídas.