Paleface

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaleface

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fi) Karri Miettinen Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fi) Karri Pekka Matias Miettinen Editar o valor em Wikidata
21 de abril de 1978 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Järvenpää, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , cantante , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua finesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoBMG (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1515801 MySpace: mcpaleface Musicbrainz: fda150d3-bb17-4f8e-bb0c-52f0da218ba8 Songkick: 531862 Discogs: 85940 Allmusic: mn0002335958 Genius: Paleface Editar o valor em Wikidata
Paleface en 2011 nunha actuación de presentación do álbum Mitä vapaus on

Paleface, pseudónimo artístico de Karri Pekka Matias Miettinen [1] nado en Järvenpää o 21 de abril de 1978 [2] é un artista de hip hop finlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Residente en Helsinqui viviu tamén en Tampere, Rauma e Hämeenlinna. Paleface forma parte dos grupos Q-Continuum presents (This is) The Marienhof, Fat Beat Sound System e Conscious Youths. Tamén actúa como parte da banda Acoustic Journey do guitarrista inglés Jason Carter. Ademais da súa carreira como músico, entre 2008 e 2009 foi un dos comentaristas habituais do programa de debates Popkult da canle de televisión Yle Teema. Presenta o programa semanal de radio Act Like You Know en Radio Helsinki.

O seu cuarto álbum foi o primeiro en lingua finesa, titulado Helsinki - Shangri-La foi todo un éxito, editado o 15 de setembro de 2010 polo selo de hip-hop XO Records [3], o álbum foi disco de ouro en menos dun mes e chegou a platino con máis de 20.000 discos vendidos. Levou o premio Etno-Emma en decembro de 2010 e tamén foi o álbum nacional do ano para a revista Soundi e mais figurou entre os 12 álbums seleccionados para a rolda final do Premio da Música Nórdica .

Paleface foi un dos invitados polo presidente Tarja Halonen para as celebracións do Día da Independencia en decembro de 2010. Na gala de 2011 dos premios Emma, recibiu o premio ao solista masculino do ano. En 2011, Paleface editou o álbum aniversario da sección finlandesa de Amnistía Internacional Mitä vapaus on[4]. Colaborou con artistas como Steen1, Pyhimus, Nopsajalka, Nieminen & Litmanen ou Juno e foi tamén un dos compoñentes do grupo colectivo GG Caravan. Publicou en 2011 o seu primeiro libro Rappiotaidetta Suomiräpin tekijät[5] sobre a historia e características do rap finlandés [6].

Paleface no Ilosaarirock de 2012.

O quinto álbum de Paleface, Maan tapa, saíu o 25 de abril de 2012[7], o que se extraeron dous sinxelos: "Ikivanhat tekosyyt (kadotettujen mantra)" e "Miten historiaa luetaan?". O 23 de novembro de 2012, Paleface lanzou un sinxelo en inglés Food for the Gods co rapeiro dos Ánxeles Matre. Un álbum homónimo apareceu o 8 de febreiro de 2013, de novo con temas en inglés [8].

Paleface foi elixido membro en 2013 do consello que preparaba o centenario da independencia finlandesa. Un deputado dos Verdadeiros Finlandeses, Jussi Niinistö,, preguntou por escrito sobre sobre esa participación, ao considerar que non era axeitado por chamar a Mannerheim criminal de guerra[9].

O 26 de outubro de 2015 apareceu a canción "Mars Today" en colaboración co rapeiro Matre e a cantante tanzana Ashimba e en xuño de 2016 deu a coñecer o vídeo musical "Emme suostu pelkäämään" en apoio de Loldiers of Odin, oposto á organización de patrullas veciñais organizadas polo grupo antiinmigración Soldiers of Odin[10], o vídeo contou con preto de cen colaboradores.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • The Pale Ontologist (2001)
  • Quarter Past (2003)
  • Studio Tan (2007)
  • Helsinki–Shangri-La (2010)
  • Palaneen käryä ( 2011)
  • Maan tapa (2012)
  • Food for the Gods ( 2013)
  • Luova tuho (2014)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • "The Ultimate Jedi Mind Trick – Episode IV" (2000)
  • "Back to Square One" (2000)
  • "Maximize the Prophet" (2001)
  • "Keep Hope a Lie" (2001)
  • "Til' the Break of Dawn" (2003)
  • "Colgate Soulmate" (2003)
  • "Hellsinki Freezes Over" (2007)
  • "Gently" (2007)
  • "Merkit" (2010)
  • "Talonomistaja" (2010)
  • "Syntynyt rellestää" (2010)
  • "Helsinki–Shangri-La" (2010)
  • "Saapuu elokuun yö" (2010)
  • "Kalpeaakin kalpeempaa" (2010)
  • "Ikivanhat tekosyyt (kadotettujen mantra)" (2012)
  • "Miten historiaa luetaan?" (2012)
  • "Muista!" con Redrama e Tommy Lindgren (2012)
  • "Food for the gods" (2013)
  • "Mull' on lupa" (2014)
  • "Snaijaa" (con Tuomo, 2014)
  • "Emme suostu pelkäämään" (2016)
  • "Luonnonvoima" con Etta (2018)
  • "Laulu sisällissodasta" con Ylioppilaskunnan Laulajat (2018)
  • "Loukussa" (2019)
  • "Surun suureen sieluun sain" (2019)
  • "Aakkosmurha" (2019)
  • "Käsi iskee" con DJ Massimo (2019)

Libros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Räppäri Palefacen teos Viides maamme -kirja käsittelee aikaamme kriittisesti" lukufilis.fi, 10 de xaneiro de 2018
  2. "Miten minusta tuli minä, Paleface". yle.fi. 18 de xaneiro de 2018. 
  3. "Paleface: Helsinki–Shangri-La – sanomaa suomen kielellä". levyhyllyt.musiikkikirjastot.fi. 31 de xaneiro de 2019. 
  4. "Eri Esittäjiä: Mitä vapaus on – Amnesty International 50-vuotisjuhla-albumi". Soundi, 25 de maio de 2011
  5. "Rappiotaidetta". Like. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2020. Consultado o 12 de abril de 2020. 
  6. "Paleface: Rappiotaidetta - Suomiräpin tekijät / Suomiräpin vaippaikä". desibeli.net. 28 de setembro de 2011. 
  7. "Paleface julkaisi uuden Maan tapa -albumin". lappeenrannanuutiset.fi. 2 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2020. Consultado o 12 de abril de 2020. 
  8. "Folk rap is here to stay". Music Finland, 30 de maio de 2013
  9. "Kansanedustaja tyrmistyi: Miten tämä mies voi johtaa Suomen 100-vuotisjuhlabileiden suunnittelua?". Ilta Sanomat. 27 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2017. Consultado o 12 de abril de 2020. 
  10. "Palefacen uutuusvideo naureskelee Soldiers of Odinille – mukana Paavo Arhinmäki, Madventures ja Solonen". yle.fi. 17 de xuño de 2016.