Palasport Mens Sana
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Siena, Toscana |
| Inauguración | 24 de outubro de 1976 |
| Capacidade | 7.025 espectadores |
| Localía | Mens Sana Basket |
| Outros nomes | Palasclavo |
| Eventos | |
| Ningún | |
O Palasport Mens Sana, tamén coñecido como Pala Mens Sana e anteriormente como Palasclavo, é un pavillón polideportivo situado na cidade de Siena, na Toscana, Italia. Con capacidade para 7.025 espectadores, foi inaugurado o 24 de outubro de 1976. Alberga os encontros como local do Mens Sana Basket, equipo que compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto italiano. Tamén é usado en partidos da Euroliga.