Padornelo, Lubián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPadornelo, Lubián
Imaxe

Localización
Mapa
 42°01′58″N 6°50′08″O / 42.032761, -6.835625Coordenadas: 42°01′58″N 6°50′08″O / 42.032761, -6.835625
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora
MunicipioLubián Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude1.325 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49574 Editar o valor em Wikidata

Padornelo é unha localidade española do concello de Lubián, na provincia de Zamora (Castela e León).

Atópase situado na bisbarra de Seabra, e dentro dela na sub-bisbarra chamada As Portelas. Forma parte da área galegofalante da provincia de Zamora.

Pardonelo durante o inverno

Topónimo[editar | editar a fonte]

Pode pórse en relación co moi estudado topónimo Padrón, variante de 'pedrón', talvez influído por 'padre', e cuxo significado debe de ser coincidente: pedra delimitadora, mouteira, miliario, menhir, e nalgún caso, roca natural destacada. No contexto deste lugar, a famosa portela que atalla alí a serra dando paso á "malísima verea de Benavente a Ourense" (Madoz), sería dende época protohistórica un lugar de deslinde. De aí que caiba inclinarse pola interpretación arqueolóxica do nome do lugar, como alusión a unha pedra de delimitación xurisdiccional, probablemente antiquísima.[1][2][3]

Xeografía[editar | editar a fonte]

É unha localidade da provincia de Zamora. Está situado ao oeste do porto que leva o seu mesmo nome (Portela do Padornelo, situada a 1360 m), entre as montañas da Serra Gamoneda e da Serra Segundeira [4].

O lugar ten clima de montaña, con veráns suaves e invernos duros e fríos, podendo a temperatura baixar dos -10 °C.

Portela do Padornelo, situada a 1360 m

Demografía[editar | editar a fonte]

A súa localización, a 1.325 msnm, levou a que os seus edificios se distingan por un carácter sinxelo e sobrio, cos que combater as inclemencias climáticas ás que se ve sometido no inverno.

As nevadas invernais poden ser moi intensas (a neve pode chegar a ter máis de 1,5 m de espesor), podendo esmagar arbustos e árbores pequenas ou cubrir muros e rúas enteiras.

De entre os seus edificios sobresae a igrexa, en especial a súa espadana.

Moi preto do lugar atópase unha cheminea de ventilación de 240 m de profundidade que comunica o exterior co túnel ferroviario de Padornelo (aínda coñecido nalgunhas zonas da bisbarra como "Túnel 12").

Padornelo na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • Ó pasar a Cruz de Ferro/ a Gudiña bena sei/ i agora voume chegando/ aos aires de Monterrei [5].
  • Os ollos que me a min queren/ nesta terra non están;/ pasaron a Cruz de Ferro/ e por Castilla andarán [6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Riesco Chueca, Pascual ?Medio natural e poblamiento na toponimia maior de Zamora? Arquivado 12 de abril de 2012 en Wayback Machine., Anuario 2000, Instituto de Estudos Zamoranos "Florián de Ocampo", Deputación de Zamora, p. 449-500.
  2. Cabeza Quiles, Fernando (1992) Vos nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a súa orixe e ou seu significado, Edicións Xerais de Galicia, Vigo; p. 326.
  3. Moralejo Lasso, A. (1977) Toponimia galega e leonesa, Santiago de Compostela, p.321, nota 13.
  4. "Lubián". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 07 de agosto de 2013. 
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, pxs. 122 e 255 (nota 573). A cantiga recolle o sentir dun segador galego ó seu regreso de Castela, no momento de entrar en Galicia. Xaquín Lorenzo explica que non se trata da Cruz de Ferro situada en Foncebadón, entre Astorga e Ponferrada, senón da Cruz da Portela de Padornelo, que é de pedra e está a pouca distancia da entrada en Galicia, a uns 37 km da Gudiña. Os labregos que ían por primeira vez á sega a Castela eran obxecto dunha novatada nesta cruz: os veteráns dicíanlles aos novatos que se querían saber o que estaba a ocorrer neses intres na súa casa, tiñan que achegar a súa cabeza onda a Cruz; cando iso facían dábanlles unha zoupada contra ela. Cando viñan de volta da sega en Castela, deixaban a fouce como exvoto no Santuario da Tuiza, tamén en Lubián.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, p. 126.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]