P.S. Krøyer
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peder Severin Krøyer, coñecido como P.S. Krøyer, nado en Stavanger o 23 de xullo de 1851 e finado en Skagen o 21 de novembro de 1909, foi un pintor de orixe norueguesa. É un dos máis estimados e coloristas pintores da comunidade dinamarquesa-norueguese de Skagen. Son moi valorados os seus cadros naturalistas de vívidas escenas cotiás, influenciados pola aparición da fotografía.