Ovolactovexetarianismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bufé ovolactovexetariano

O ovolactovexetarianismo é unha dieta que exclúe a carne e o peixe. Porén, a diferenza de dietas máis restritivas como o veganismo, inclúe ovos, leite e produtos lácteos (como o queixo e a manteiga) e alimentos vexetais como cereais, legumes, cogomelos, froitas ou verduras.[1]

O ovolactovexetarianismo é a variante do vexetarianismo máis común en Occidente. A maioría da xente que di ser vexetariana segue esta dieta, xa que para moitas persoas o vexetarianismo estrito é demasiado complicado. Isto débese a que a maioría dos produtos de consumo humano diario inclúe leite ou ovo. Con todo, na actualidade hai moitos produtos elaborados só con ingredientes vexetais, polo que seguir esta dieta xa non resulta complicado.

Por outra banda, nos eidos da medicina e a nutrición non hai acordo sobre os beneficios dunha alimentación vexetariana en relación coa saúde cardiovascular.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Becoming a vegetarian". Harvard Health. outubro 2009. Arquivado dende o orixinal o 9 de xuño de 2017. Consultado o 18 de novembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]