Francos, Outeiro de Rei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francos
Igrexa de Santiago de Francos
ConcelloOuteiro de Rei[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°06′17″N 7°40′49″O / 43.10469483, -7.68041344Coordenadas: 43°06′17″N 7°40′49″O / 43.10469483, -7.68041344
Poboación69 hab. (2020)
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Francos é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 76 habitantes, deles 43 eran homes e 33 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Segundo Nicandro Ares de Francos di J.M. Piel que ten un dobre significado, o de individuos procedentes da Francia ou o de homes libres, alén de descendentes dun home chamado Franco.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

No concilio lucense da época sueva, aparece mencionada a "villa de Francos" ao establecer os límites do condado de Sobrada.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O Castelo do Ferreiro. A igrexa parroquial, de orixe románica (da que só se conserva a ábsida). Un cruceiro sito en Reboreda (do ano 1838 ou 1858, a data non está clara).

Festas[editar | editar a fonte]

  • San Benito, a finais de setembro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Francos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Francos no concello de Outeiro de Rei (Lugo)

Francos | Maúnfe | Reboreda

Parroquias de Outeiro de Rei[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Outeiro de Rei

Arcos (San Pedro) | Aspai (San Cibrao) | Bonxe (San Mamede) | Caboi (San Martiño) | Candai (San Vicente) | Castelo de Rei (San Salvador) | Cela (Santa María) | Folgueira (San Nicolás) | Francos (Santiago) | Guillar (San Martiño) | Martul (San Pedro) | Matela (Santa María Madanela) | Mosteiro (San Salvador) | Outeiro de Rei (San Xoán) | Parada (San Xoán) | Robra (San Pedro Fiz) | San Clodio de Aguiar (San Clodio) | San Fiz de Paz (San Pedro Fiz) | San Lourenzo de Aguiar (San Lourenzo) | San Tomé de Gaioso (San Tomé) | Santa Mariña (Santa María) | Santiago de Gaioso (Santiago) | Silvarrei (San Xoán) | Sobrada de Aguiar (Sta. Mª Madanela) | Taboi (San Pedro) | Vicinte (Santa María) | Vilela (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]