Candai, Outeiro de Rei
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Candai | |
|---|---|
| Concello | Outeiro de Rei |
| Área | - km² |
| Poboación | 88 hab. (2007) |
| Entidades de poboación | 8 |
San Vicente de Candai é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 contaba con 88 habitantes, deles 40 eran homes e 48 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.
Índice |
Xeografía [editar]
Situada á marxe dereita do Miño, regan as súas terras os arroios Portoprés e As Chairas. Alcanza a súa máxima altitude no Cordal de Candas (605 m.).
Patrimonio [editar]
Existe un reducido número de mámoas (3 - 4) no chamado Monte de Candai.
A igrexa parroquial de San Vicente de Candai foi reedificada en 1877 sobre os cimentos dunha anterior probablemente de orixe románico.
Festas [editar]
- San Vicente o 22 de xaneiro.
- San Antonio o 13 de xuño.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Candai [editar]
| Lugares da parroquia de Candai no concello de Outeiro de Rei (Lugo) | |
|---|---|
|
Candai de Abaixo | Candai de Arriba | Currás | Lavadoiro | Mangoeiro | As Penas | Piñeiro | Susavila |