Osvalinda Alves Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOsvalinda Alves Pereira
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata
Trairão, Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte12 de abril de 2024 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónecoloxista Editar o valor em Wikidata

Osvalinda Alves Pereira, nada en 1968 en Pará, no Brasil, é unha activista ambiental brasileira e fundadora da Associação das Mulleres do Areia II, que desenvolve a agricultura orgánica sustentable.[1]

Alves Pereira advirteu as autoridades federais sobre a deforestación ilegal na zona do Areia.[2]

A Associação das Mulleres do Areia II, fundada por Alves Pereira, está estratexicamente localizada entre tres parques nacionais, o Bosque Nacional Trairao, o Parque Nacional do Jamanxim e a Reserva Extractivista Riozinho de Afrisio.[3][4] A deforestación ocorre nestas áreas e homes armados teñen ameazados ós veciños.[5] Debido ás ameazas que ten recibido desde 2012, intensificadas a partir de 2018, ela e o seu home tiveron que se desprazar e permanecen escondidos no Brasil.[6]

En 2020, recibiu o Premio Edelstam en recoñecemento polo seu traballo na defensa do Amazonas. É a primeira brasileira a recibir esta distinción.[7][8][9]

Notas[editar | editar a fonte]