Oskar Merikanto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oskar Merikanto
Oskar Merikanto a principios da década de 1900.
Nome completoFrans Oskar Mattsson
Nacemento5 de agosto de 1868
 Helsinqui
Falecemento17 de febreiro de 1924
 Oitti
Soterradocemiterio de Hietaniemi
NacionalidadeFinlandia
Educado enEscola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy
Instrumento(s)Órgano e piano
Parella/sLiisa Häyrysen
FillosAarre Merikanto
Na rede
IMDB: nm0580767 Rottentomatoes: celebrity/oskar_merikanto
Youtube: UCiHRMZ0LPO9GwzRw1XIl0Yg Spotify: 79AE2ZiBtN7Qbcbr5dGIwd iTunes: 30516494 Last fm: Oskar+Merikanto Musicbrainz: 572bc3e8-d9e5-4a87-b372-480851ec186f Discogs: 693593 IMSLP: Category:Merikanto,_Oskar Allmusic: mn0002168249 Deezer: 1641002 Genius: Oskar-merikanto Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Frans Oskar Merikanto, nado en Helsinqui (Finlandia) o 5 de agosto de 1868 e finado en Oitti (Hausjärvi, Finlandia) o 17 de febreiro de 1924, foi un compositor, músico, director de orquestra e mestre finlandés. Merikanto tivo unha especial relevancia no desenvolvemento da música relixiosa e as representacións operísticas en Finlandia. Entre as súas composicións salientan as súas obras para piano, que lle proporcionaron gran popularidade, e as súas cancións.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pai de Oskar Merikanto, Frans Ferdinand Ala-Kanto, de Jalasjärvi (Ostrobotnia do Sur, que tiña o apelido sueco Mattsson cando se uniu ao exército Finlandés. En 1882 mudou o seu apelido por Merikanto, "meri" significa "mar" e fai referencia á súa viaxe dende Vaasa ata Helsinqui, mentres que "Kanto" fai referencia ás súas orixes na propiedade Kanto.[2]

En 1887 foi admitido para estudar no Conservatorio de Leipzig, onde se formou ata 1889 co apoio de Aurora Karamzin. Dende 1892 ata a súa morte exerceu como organista na igrexa de San Xoán de Helsinquii.[3][4]

Pianista e organista[editar | editar a fonte]

Oskar Merikanto foi un salientado pianista e organista. Como pianista percorreu Finlandia dando concertos como acompañante de cantantes e instrumentistas, traballo no que era recoñecido non só pola súa calidade como instrumentista senón por apoiar ás persoas ás que acompañaba por todos os medios posibles.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "OSKAR MERIKANTO (1868 - 1924)" (en inglés). Naxos Records. Consultado o 20 de outubro de 2020. 
  2. Heikinheimo, Seppo (1985). Aarre Merikanto. Säveltäjäkohtalo itsenäisessä Suomessa (en finés). Helsinki Näkövammaisten kirjasto. ISBN 951-0-13319-1. 
  3. "Merikanto, Oskar" (en finés). itsenaisyys100.fi. Consultado o 23 de novembro de 2020. 
  4. "Merikanto Oskar". Sininen Laulu (en finés). yle.fi. Consultado o 23 de novembro de 2020. 
  5. Tarpila, Laila (8 de agosto de 2019). "Säveltäjä Oskar Merikanto oli Sibeliusta suositumpi mutta ystävien kiusaama – Musiikin syntymäpäiväkalenteri" (en finés). Yle.fi. Consultado o 20 de outubro de 2020.