Wasterzhi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wasterzhi

Wasterzhi é un dos deuses máis importantes da relixión pagá de Osetia (Uatsdin). Wasterzhi era o deus da Guerra e do Sol. Adoita ser descrito coma un cabaleiro de longa barba ás costas dun cabalo branco. Un dos seus principais centros de culto era o Bosque de Hetag, unha zona boscosa preto de Vladikavkaz, capital de Osetia do Norte-Alania. A figura de Wasterzhi sobreviviu á posterior aceptación do cristianismo por parte dos osetos, e foi identificado como San Xurxo. Coa fin da era soviética reviviu o culto neopagán a Wasterzhi, e o Bosque de Hetag acolleu numerosas celebracións dende 1991.