Os cinco cubanos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os cinco cubanos, xeralmente coñecidos como "os cinco" ou en inglés "Cuban Five" (Gerardo Hernández, Antonio Guerrero, Ramón Labañino, Fernando González e René González) son cinco membros do servizo de intelixencia de Cuba, arrestados no ano 1998 polo FBI en Miami, por observaren e infiltrárense nas organizacións anticastristas Alpha 66, F4 Commandos, a Cuban American National Foundation e Hermanos al Rescate[1]. Foron acusados de espionaxe e, ademais, Gerardo Hernández foi tamén acusado de conspiración para cometer asasinato. Finalmente foron condenados en 2001 a penas que varían entre os 15 anos de René González e as dúas cadeas perpetuas a Gerardo Hernández.
Membros[editar]
- Antonio Guerrero Rodríguez (Miami, 1958) Enxeñeiro en Construción de Aeródromos e poeta. Sentenciado a cadea perpetua máis 10 anos de cárcere.
- Fernando González Llort (A Habana, 1963), graduado do Instituto de Relacións Internacionais (ISRI) do Ministerio de Relacións Exteriores de Cuba. Sentenciado a 19 anos de cárcere.
- Gerardo Hernández Nordelo (A Habana, 1965), graduado do ISRI e caricaturista. Sentenciado a dúas cadeas perpetua máis 15 anos de cárcere.
- Ramón Labañino Salazar (A Habana, 1963), graduado de Licenciatura en Economía na Universidade da Habana. Sentenciado a 30 anos de cárcere.
- René Gonzalez Sehwerert (Chicago, 1956), instrutor e piloto de avión. Sentenciado a 15 anos de cárcere.
Notas[editar]
- ↑ Saul Landau, Counterpunch, 17 de abril de 2009, Infiltrating Alpha 66